Comunicados CCOO ERE Convenio Comité de Empresa Negociacións Dirección de Empresa Conflicto Colectivo Publicacións Demandas Tragsatec Mobilizacións Despedimentos Denuncias Formación FAS Acordos Axudas Sentenzas Eleccións Notas de prensa #StopEreTragsa Sección Sindical Folga Tragsa A Coruña Información Inspección de traballo Permisos #Eleccións2016 Reclasificación #9X Concentración Convocatorias Lexislación RSE #555Readmisión Comisión Reclasificación FAV Grupo Tragsa SIMA Tecniberia Igualdade Actas PAF Propostas Reunións Xornada laboral 8 de marzo Comisión Formación Comisión de Igualdade Contratacións Dirección Empresa Incremento salarial Informes Patronal Plan Viabilidade 2015 dia da muller Comisión Interministerial Datos económicos Dereitos laborais Generalitat Valenciana LGPE Medios Comunicación Mobilización Nomeamentos PIF Prestacións Reuniones SEPI Seguridade e Saúde Vídeo Xustiza #25N Antigüidade Asamblea Atrasos BOE Campañas Carteles Comisión FAV Comité Intercentros Concilación Contra a violencia de Xénero DPO Dietas Elvira Rodríguez Escritos Igualdade salarial Ministerio Organigrama Paga Extra Petición información Queixas Regulamentos Reservas Mariñas Resolucións Sabías que...? Seguridad y Salud Seguridade Social Sollicitudes Tasa de Reposición UGT Vacantes 1 de maio Andalucía Art. 41 Art. 64 Banco Alimentos Banco Bebes. Calendario Laboral Comfia Comité Coruña Cuestionarios Despidos Dimisións Documentos Día de Emprego público Encomendas de Xestión Enlaces Excedencia Fichaxe Gaceta Sindical Gardacostas Grupos Parlamentarios Guías Horas Extra LPXE Manifesto Normativas Notificacións Oficinas Partes Actividade Plenario RLT RR.HH. Redución xornada Representación Sindical Estatal. Representates dos traballadores Riscos Sicosioais Salas de Lactación Solidaria Subcontratacións TSX TX Europeo Tarifas Teletraballo Transformación de contratos Valencia Verán. Xubilacións Xunta de Galicia Xuntanzas Ébola Órgano Representación Estatal
Mostrando entradas con la etiqueta Comité de Empresa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Comité de Empresa. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de junio de 2016

9X: Os nosos compromisos

Durante os últimos días publicamos un vídeo e unha serie de comunicados nos que tratamos de detallar o traballo feito por CCOO Tragsatec nos últimos anos. Tamén vos facilitamos unha guía de dereitos laborais na que incorporamos nun só documento os dereitos logrados tras varios anos de traballo sindical. Podedes acceder a toda esa información na seguinte ligazón: Eleccións #9X




Hoxe, coa publicación do noso último comunicado antes da votación do 9 de xuño, queremos adquirir unha serie de compromisos con todas e todos:

1.- Compromisos coa calidade e o mantemento do emprego 

  • Defensa de cada posto de traballo 
  • Cumprimento do procedemento de cobertura de vacantes 
  • Establecer mecanismos e criterios de promoción 
  • Creación dunha bolsa de traballo 
  • Regulación da paga de beneficios 
2.- Compromisos coa mellora das condicións laborais 

  • Convenio propio e converxencia con Tragsa 
  • Melloras de dietas e medias dietas 
  • Regular mobilidades funcionais e xeográficas 
  • Cumprimento da normativa laboral vixente en Tragsatec 
  • Impulsar negociación sobre: redución de xornada anual, flexibilidade horaria en verán, horas extras... 
3.- Compromisos para mellorar a interlocución coa empresa 

  • Conciliación laboral e familiar 
  • Renovación do Plan de Igualdade 
  • Garantir a formación a todas e todos a través da comisión de formación 
  • Impulsar a comisión de reclasificación para que se recoñezan as debidas categorías profesionais 
  • Fortalecer o Comité de Seguridade e Saúde para reducir a siniestralidade 
Comprometémonos, en definitiva, na defensa sen concesións de cada posto de traballo, das súas condicións laborais e de tratar de melloralas a través do diálogo pero sen descartar o conflito cando sexa necesario.

A nosa candidatura

lunes, 6 de junio de 2016

9X: VÍDEO. CCOO Tragsatec contra o ERE no Grupo Tragsa

A defensa de todos os postos de traballo é a máxima prioridade de CCOO Tragsatec. 

A finais de 2013 a dirección da empresa decidiu executar o maior ERE no sector público da historia do país co que pretendían despedir a 610 compañeiras e compañeiros de Tragsatec, 1336 no Grupo.

Dende ese momento gran parte dos esforzos e recursos de CCOO Tragsatec foron destinados a anular este atropelo sen esquecer os demais obxectivos que nos tiñamos marcado.


Hoxe queremos compartir este vídeo e o comunicado nos que resumimos a loita, que aínda mantemos, para lograr a reversión de todos os despedimentos.


viernes, 3 de junio de 2016

9X:Traballo feito nos últimos anos IV


Co IV comunicado sobre o traballo feito nos últimos anos, expoñemos dunha maneira resumida a actividade na Mesa de Representación Estatal así como nas distintas Comisións de traballo.

Os membros de CCOO Tragsatec Santiago-Coruña estamos presentes na maioría destes órganos de representación o que nos permite levar de primeira man as inquedanzas e solicitudes que nos facedes chegar. Esta é a repartición dos órganos de representación: 
  • Mesa de Representación Estatal: composta por 13 persoas da parte social. Forma parte dela Claudio Landeira Berdullas
  • Comisión de Reclasificación: composta por 9 persoas da parte social. Forma parte dela Ramón Mosquera Castro
  • Comisión de Formación: composta por 9 persoas da parte social. Forma parte dela Clara Pazos Justo
  • Comité Intercentros de Seguridade e Saúde: composta por un delegado/a de prevención de cada Comunidade Autónoma. Por parte de Galicia está Begoña López Picos como titular. 
  • Comisión de Igualdade: composta por 7 persoas da parte social. Forma parte dela Aranzazu Torrecillas Largo e Ramón Mosquera Castro
  • Fondo de Axuda á Vivenda (FAV): composta por 4 persoas da parte social. Forma parte dela Ramón Mosquera Castro
  • Fondo de Asistencia Social (FAS. Autonómico): composta por 2 persoas da parte social de Galicia. Forma parte dela Aranzazu Torrecillas Largo e apoia Miguel Ángel Carrascosa Cadavid



Aproveitamos para informar que o próximo 8 de xuño reunirase a Mesa de Representación Estatal (con reunión previa das distintas Sección Sindicais o día 7) para negociar a subida da masa salarial de Tragsatec nun 1%, tal e como establece a "Ley de Presupuestos Generales del Estado (LPGE)". Se queredes que tratemos algún asunto concreto na Mesa non dubidedes en contactar con nós no noso correo tragsatec-galicia@servicios.ccoo.es




jueves, 2 de junio de 2016

9X: Guía de condicións laborais Tragsatec 2016 e comunicado última reunión coa patronal

A actividade sindical en Tragsatec é dende hai moitos anos intensa e o nivel de compromiso da maioría dos Representantes dos Traballadores é alto.

Isto ten unha consecuencia directa na empresa e é que a maioría das condicións laborais vixentes melloran o estipulado no Estatuto dos Traballadores e no Convenio Colectivo de aplicación, Convenio que cada día está máis alonxado da realidade da nosa empresa polo que cremos que nos próximos anos debemos centrar esforzos na consecución dun Convenio propio que reflicta esa realidade e reduza as diferenzas de condicións laborais coa empresa matriz Tragsa


Hoxe facilitámosvos a nosa guía de condicións laborais 2016 na que tratamos de incorporar nun só documento os dereitos logrados tras anos de traballo sindical xa que a cantidade de normativa e acordos vixentes en Tragsatec dificultan o coñecemento detallado dos nosos dereitos.

Tamén podes leer o último comunicado sobre a reunión do Convenio de enxeñarías coa patronal Tecniberia.


miércoles, 1 de junio de 2016

9X: Traballo feito por CCOO Tragsatec nos últimos anos. III

Retomamos a publicación dos comunicados sobre o traballo feito nos últimos anos. Neste terceiro comunicado tratamos os seguintes asuntos:

    1. Convenio Nacional de Enxeñarías
    2. Accións legais por incumprimentos de Tragsatec 
      1. Incremento salarial establecido en Convenio 
      2. Reclasificación profesional 
      3. Provisión de vacantes 
      4. Formación 
    3. Actualización cheques comedor

          martes, 31 de mayo de 2016

          9X: Pola estabilidade e contra a precariedade laboral

          Un dos principais eixos de actuación de CCOO é a loita pola estabilidade e contra a precariedade laboral en Tragsatec. 



          Para iso sempre tratamos de usar a vía do diálogo e consenso, tal e como quedou demostrado cando conseguimos acordar en 2012 o peche da última fase do acordo de estabilidade laboral grazas ao cal máis de 1200 contratos temporais foron transformados en indefinidos.

          Con todo, en ocasións a Dirección de empresa péchase ao diálogo ou mesmo se nega a cumprir o que a Lei lles require, obrigándonos así a acudir á vía xudicial colectiva como forma de solución de conflitos. Así tivemos que facelo para os contratos de obra asinados despois do 18 de xuño de 2010, que por Lei non poden ser temporais, dándonos a xustiza a razón e obrigando á empresa a que recoñeza os devanditos contratos como indefinidos non fixos.



          Por desgraza a nosa acción colectiva ten límites legais e moitas persoas con contratos temporais de varios anos e na maioría dos casos en fraude de Lei, ven como pasa o tempo e a súa situación non cambia. Aínda que é certo que debemos retomar a vía da negociación e renovar o acordo de estabilidade que tan bos froitos deu, esta opción a día de hoxe está pechada coa actual Dirección e o persoal con contratos temporais dende hai tantos anos segue na precariedade e inxustiza. Todas as delegadas e delegados de CCOO Tragsatec, grazas á formación específica que recibimos da nosa organización, podemos asesorar a aquelas persoas nesta lamentable situación e orientarlles para que poidan reclamar o que por xustiza lles corresponde.

          O noso comunicado de hoxe vai dedicado exclusivamente aos contratos temporais en Tragsatec, abordando os seguintes asuntos:
          1. Contrato de obra e servizo determinado
          2. Causas de contratos en fraude de Lei
          3. Actuacións de CCOO Tragsatec pola estabilidade e contra a precariedade laboral. 
            • Acordo de estabilidade de emprego 
            • Proposta alternativa ao ERE con medidas para cambiar a política de contratación. 
            • Contratos asinados despois do 18 de xuño de 2010. Vía xudicial colectiva. 
            • Contratos asinados antes do 18 de xuño de 2010. Estudo e asesoramento para cada caso particular. 
          Esperamos que este comunicado vos sexa de interese e sobre todo de utilidade.

          Ver a nosa candidatura

          lunes, 30 de mayo de 2016

          9X: Traballo feito por CCOO Tragsatec nos últimos anos. II

          Publicamos hoxe o noso segundo comunicado sobre o traballo feito por CCOO Tragsatec durante os últimos anos.


          Hoxe tratamos os seguintes asuntos:

          1. Demanda pola supresión da paga extra de decembro de 2012
          2. Peche do acordo de estabilidade en 2012


          Ver a nosa candidatura

          viernes, 27 de mayo de 2016

          9X: Traballo feito por CCOO Tragsatec nos últimos anos. I



          É un bo momento, ás portas das próximas eleccións sindicais, de facer balance do feito, do acadado e poñer así en valor a aqueles delegados e delegadas de CCOO Tragsatec que dedicaron, dedican e dedicarán horas, esforzos e enerxías na defensa, difícil e conflitiva moitas veces, dos dereitos do persoal de Tragsatec.


          Durante os próximos días, e coincidindo co periodo de campaña electoral que comeza hoxe, iremos publicando unha serie de comunicados sobre o traballo feito polas delegadas e delegados de CCOO Tragsatec ao longo dos últimos anos.


          O comunicado de hoxe trata sobre os seguintes temas:

          • Mobilizacións contra os primeiros despedimentos en Tragsatec 
          • Acordo de flexibilidade e concreción horaria para o persoal con redución de xornada por cuidado de menores e asuntos familiares 
          • Contratos de obra firmados despois do 18 de xuño de 2010 con máis de 4 anos de antigüidade


          jueves, 26 de mayo de 2016

          #9X: A nosa candidatura



        1. Colexio de técnicos e administrativos 
          1. Claudio Landeira Berdullas
          2. Ramón Mosquera Castro
          3. Begoña López Picos 
          4. Aranzazu Torrecillas Largo 
          5. Clara Pazos Justo
          6. Miguel Ángel Carrascosa Cadavid
          7. María Belén Vázquez López
          8. María Purificación Carbajales Lariño
          9. Juana Isabel Parrilla Alcaide
          10. Pascual Lago Caamaño
          11. Santiago Salgado Carballo
          12. Enrique Manuel Vázquez Gómez
          13. Martín Piñeiro González
          14. Cristina Paz Cernadas
        2. Colexio de especialistas e non cualificados
          1. Cristina Alfaya Villar



          VOTACIÓN : Xoves 9 de xuño do 2016 




        3. Oficina de Tragsatec San Lázaro (Santiago de Compostela): de 8:00 a 11:30 
        4. Oficina de Tragsatec Polígono do Tambre (Santiago de Compostela): de 12:00 a 17:00 
        5. Oficina de Tragsatec A Coruña: de 9:00 a 17:00
        6. lunes, 9 de mayo de 2016

          Eleccións Sindicais 2016: Convocatoria reunión

          Convócase a unha reunión o vindeiro mércores 11 de maio ás 18:00, a todos os afiliados e á candiratura de CCOO Tragsatec Coruña, nos locais de CCOO en San Lázaro (enfronte ao hotel Porta do Camiño), coa seguinte orde do día: 
          1. Determinación da orde da candidatura a eleccións sindicais
          2. Determinación de criterio para designar á próxima Delegada ou Delegado LOLS da Sección Sindical.

          domingo, 10 de abril de 2016

          Convocatoria de eleccións en Tragsatec Santiago-Coruña

          Queremos comunicarvos que inciamos o proceso electoral para proceder a elixir o Comite de Empresa.


          Dende CCOO-SERVIZOS, convidamos a tod@s os traballador@s de Tragsatec que teñades inquedanzas socias en formar parte da nosa candidatura, para entre tod@s seguir defendendo os dereitos laborais.


          Leer comunicado.

          martes, 21 de octubre de 2014

          Fondo de Asistencia Social 2014

          Pola adaptación do Fondo de Asistencia Social (FAS) á Reforma da Seguridade Social, vaise proceder a liquidar o fondo de emerxencias acumulado durante estes anos, esta Comisión adoptou o acordo de repartilo de forma proporcional ás axudas recibidas (respectando non superar o tope máximo establecido no Regulamento FAS) entre os beneficiarios destas no ano 2013. Polo que nestes días se realizará a transferencia correspondente.

          En canto ao Fondo de Asistencia Social do 2014, no día de hoxe ábrese o prazo de presentación das solicitudes e finalizará o 7 de novembro. As facturas con data posterior ao 7 de novembro entrarán na repartición do FAS 2015.

          É moi importante que cando presentedes a vosa solicitude o fagades en man na oficina máis accesible para vós e unicamente ás persoas na táboa máis abaixo indicada.

          MOI IMPORTANTE! Debedes pedir sempre un recibín coa data de entrada das vosas solicitudes.

          Localidad
          Oficina
          Persona a responsable recepción documentación
          Santiago de Compostela
          Vía Pasteur 29-31, Pol- Ind. do TambreAranzazu Torrecillas Largo
          A CoruñaPraza da Ría, 6Carlos Posada Lombardero
          LugoRúa Salmón, 8-10. EntreplantaJosé Gabriel Poyo Rodríguez
          OurenseRúa Coruña, 28
          Natalia Taboada González
          PontevedraAvda. Juan Carlos I, 6-8Xosé Luis Fraga Vega / Óscar Antolín Martín
          VigoTinglado General del Empaque. Puerto Pesquero de VigoLorena Crespo Allegue


          Calquera dúbida poñervos en contacto coa Comisión do FAS:

          Aranzazu Torrecillas Largo, Carlos Posada Lombardero, Clara Pazos Justo, Silvia de la Fuente.

          miércoles, 30 de julio de 2014

          Tragsatec. Reunión 24-07-2014. Comunicado CC.OO-UGT


          Publicamos un comunicado conxunto de CC.OO e UGT sobre a reunión mantida coa Dirección de Empresa en Madrid o pasado 24 de xullo na que se trataron os seguintes asuntos:

          1.- Datos económicos a xuño 2014
          2.- PDC Tragsatec
          3.- Propostas presentadas:

              - Flexibilidade horaria para persoal con redución de xornada
              - Fondo de Asistencia Social (FAS)
              - Creación da Comisión de Contratación
              - Flexibilidade en xornada de verán
              - Comisión de Reclasificación

          Estamos pendentes de que a Dirección en Galicia convoque aos Comités Provinciais para facilitar a información económica da Delegación a xuño de 2014.

          A próxima reunión coa dirección en Madrid será en setembro de 2014.

          Seguiremos informando.

          jueves, 10 de abril de 2014

          Abono das axudas do Fondo de Asistencia Social

          Unha vez recibidas todas as solicitudes a parte social da comisión do Fondo de Asistencia Social de Tragsatec reuniuse a primeiros de ano para revisar toda a documentación recibida. Xa proporciouse á empresa o listado de perceptores das axudas e o importe correspondente para cada un de eles. Entendemos que en pocous días abonaranse os importes correspondentes a todos os perceptores.


          As partidas con maior número de solicitudes foron: dentista, libros de texto, óptica e desprazamentos ó igual que en anos anteriores.

          Seguir lendo no comunicado do Comité de empresa.

          viernes, 28 de febrero de 2014

          Tragsatec. Reunión Comité de Empresa Coruña coa Dirección

          Publicamos un comunicado do Comité de Empresa de Tragsatec A Coruña sobre a reunión que mantiveron coa dirección de empresa o pasado mércores 26 de febreiro.

          Comunicado

          jueves, 5 de diciembre de 2013

          ERE Tragsatec. Mobilizacións

          Publicamos comunicados da Sección Sindical Estatal e do Comité de Empresa de A Coruña sobre as mobilizacións que se están a levar a cabo e outras que se están a barallar.


          martes, 26 de noviembre de 2013

          ERE Tragsatec. Asamblea


          EL COMITÉ DE EMPRESA TRAGSATEC-CORUÑA CONVOCA:

           


          ASAMBLEA INFORMATIVA

          ASUNTO:         FINALIZACIÓN PROCESO DE DESPIDO COLECTIVO EN TRAGSATEC.
          FECHA:            MIÉRCOLES 27 DE NOVIEMBRE DE 2013 A LAS 9:30 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
          LUGAR:          TALLER DE LA DELEGACIÓN DEL GRUPO EN SANTIAGO
          DURACIÓN:    1 HORA 
                    
           


          Esta asamblea irá a cargo del crédito asambleario anual por lo que el tiempo empleado será contado como de trabajo efectivo. ROGAMOS MÁXIMA PUNTUALIDAD YA QUE SOLO DISPONEMOS DE 1 HORA.

          lunes, 18 de noviembre de 2013

          FAS Tragsatec. Estatuto 2013

          Publicamos o Estatuto do FAS 2013. Grazas ao traballo das compañeiras e dos compañerios do Comité de Empresa na Comisión do FAS, a empresa decidiu desbloquear e negociar o novo Estatuto deste fondo para que o seu reparto se poida levar a cabo.

          O Estatuto pasará a ser enlace permanente na sección Tragsatec deste Blog.

          jueves, 10 de octubre de 2013

          Tragsatec. Aumentan beneficios, FAS conxelado e mantense a DPO

          Onte 9 de outubro houbo unha reunión dos Comités de Empresa en Galicia coa Dirección. Ademáis da información sobre a situación da empresa na Delegación, tamén nos informaron sobre a conxelación do FAS e de que se mantén activo o próximo pagamento da DPO

          martes, 11 de junio de 2013

          Tragsatec. Flexibilidade en xornada intensiva

          Un ano máis, o Comité de Empresa de Tragsatec Coruña acorda coa dirección da empresa, flexibilizar o horario durante a xornada de verán co fin de compatibilizalo cos horarios de escolas infantís e colexios nos seguintes termos: 

          1. Dende o 15 ao 30 de xuño e dende o 1 ao 15 de setembro permitirase a realización da xornada laboral (7 horas e 12 minutos) en xornada partida, seguindo os criterios establecidos para a xornada de inverno (entrada entre as 7:45 e 9:30 e saída ata as 21:00). Aqueles traballadores que se acollan a esta posibilidade non xerarán dereito a cheque comida. 

          2. Dende o 01 de xullo ao 31 de agosto permitirase a entrada entre as 7:45 e as 9:30, realizándose a xornada laboral (7 horas e 12 minutos) de forma intensiva.

          A empresa acepta sempre e cando as necesidades do servizo así o permitan e os seus responsables directos estén de acordo.

          Seguimos traballando, seguimos informando.