Un dos principais eixos de actuación de CCOO é a loita pola estabilidade e contra a precariedade laboral en Tragsatec.
Para iso sempre tratamos de usar a vía do diálogo e consenso, tal e como quedou demostrado cando conseguimos acordar en 2012 o peche da última fase do acordo de estabilidade laboral grazas ao cal máis de 1200 contratos temporais foron transformados en indefinidos.
Con todo, en ocasións a Dirección de empresa péchase ao diálogo ou mesmo se nega a cumprir o que a Lei lles require, obrigándonos así a acudir á vía xudicial colectiva como forma de solución de conflitos. Así tivemos que facelo para os contratos de obra asinados despois do 18 de xuño de 2010, que por Lei non poden ser temporais, dándonos a xustiza a razón e obrigando á empresa a que recoñeza os devanditos contratos como indefinidos non fixos.
Por desgraza a nosa acción colectiva ten límites legais e moitas persoas con contratos temporais de varios anos e na maioría dos casos en fraude de Lei, ven como pasa o tempo e a súa situación non cambia. Aínda que é certo que debemos retomar a vía da negociación e renovar o acordo de estabilidade que tan bos froitos deu, esta opción a día de hoxe está pechada coa actual Dirección e o persoal con contratos temporais dende hai tantos anos segue na precariedade e inxustiza. Todas as delegadas e delegados de CCOO Tragsatec, grazas á formación específica que recibimos da nosa organización, podemos asesorar a aquelas persoas nesta lamentable situación e orientarlles para que poidan reclamar o que por xustiza lles corresponde.
O noso comunicado de hoxe vai dedicado exclusivamente aos contratos temporais en Tragsatec, abordando os seguintes asuntos:
- Contrato de obra e servizo determinado
- Causas de contratos en fraude de Lei
- Actuacións de CCOO Tragsatec pola estabilidade e contra a precariedade laboral.
- Acordo de estabilidade de emprego
- Proposta alternativa ao ERE con medidas para cambiar a política de contratación.
- Contratos asinados despois do 18 de xuño de 2010. Vía xudicial colectiva.
- Contratos asinados antes do 18 de xuño de 2010. Estudo e asesoramento para cada caso particular.
Esperamos que este comunicado vos sexa de interese e sobre todo de utilidade.
Ver a nosa candidatura
Ver a nosa candidatura
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.