Pola adaptación do Fondo de Asistencia Social (FAS) á Reforma da Seguridade Social, vaise proceder a liquidar o fondo de emerxencias acumulado durante estes anos, esta Comisión adoptou o acordo de repartilo de forma proporcional ás axudas recibidas (respectando non superar o tope máximo establecido no Regulamento FAS) entre os beneficiarios destas no ano 2013. Polo que nestes días se realizará a transferencia correspondente.
En canto ao Fondo de Asistencia Social do 2014, no día de hoxe ábrese o prazo de presentación das solicitudes e finalizará o 7 de novembro. As facturas con data posterior ao 7 de novembro entrarán na repartición do FAS 2015.
É moi importante que cando presentedes a vosa solicitude o fagades en man na oficina máis accesible para vós e unicamente ás persoas na táboa máis abaixo indicada.
MOI IMPORTANTE! Debedes pedir sempre un recibín coa data de entrada das vosas solicitudes.
Localidad
|
Oficina
|
Persona a responsable recepción documentación
|
Santiago de Compostela
| Vía Pasteur 29-31, Pol- Ind. do Tambre | Aranzazu Torrecillas Largo |
A Coruña | Praza da Ría, 6 | Carlos Posada Lombardero |
Lugo | Rúa Salmón, 8-10. Entreplanta | José Gabriel Poyo Rodríguez |
Ourense | Rúa Coruña, 28 |
Natalia Taboada González
|
Pontevedra | Avda. Juan Carlos I, 6-8 | Xosé Luis Fraga Vega / Óscar Antolín Martín |
Vigo | Tinglado General del Empaque. Puerto Pesquero de Vigo | Lorena Crespo Allegue |
Calquera dúbida poñervos en contacto coa Comisión do FAS:
Aranzazu Torrecillas Largo, Carlos Posada Lombardero, Clara Pazos Justo, Silvia de la Fuente.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.