Comunicados CCOO ERE Convenio Comité de Empresa Negociacións Dirección de Empresa Conflicto Colectivo Publicacións Demandas Tragsatec Mobilizacións Despedimentos Denuncias Formación FAS Acordos Axudas Sentenzas Eleccións Notas de prensa #StopEreTragsa Sección Sindical Folga Tragsa A Coruña Información Inspección de traballo Permisos #Eleccións2016 Reclasificación #9X Concentración Convocatorias Lexislación RSE #555Readmisión Comisión Reclasificación FAV Grupo Tragsa SIMA Tecniberia Igualdade Actas PAF Propostas Reunións Xornada laboral 8 de marzo Comisión Formación Comisión de Igualdade Contratacións Dirección Empresa Incremento salarial Informes Patronal Plan Viabilidade 2015 dia da muller Comisión Interministerial Datos económicos Dereitos laborais Generalitat Valenciana LGPE Medios Comunicación Mobilización Nomeamentos PIF Prestacións Reuniones SEPI Seguridade e Saúde Vídeo Xustiza #25N Antigüidade Asamblea Atrasos BOE Campañas Carteles Comisión FAV Comité Intercentros Concilación Contra a violencia de Xénero DPO Dietas Elvira Rodríguez Escritos Igualdade salarial Ministerio Organigrama Paga Extra Petición información Queixas Regulamentos Reservas Mariñas Resolucións Sabías que...? Seguridad y Salud Seguridade Social Sollicitudes Tasa de Reposición UGT Vacantes 1 de maio Andalucía Art. 41 Art. 64 Banco Alimentos Banco Bebes. Calendario Laboral Comfia Comité Coruña Cuestionarios Despidos Dimisións Documentos Día de Emprego público Encomendas de Xestión Enlaces Excedencia Fichaxe Gaceta Sindical Gardacostas Grupos Parlamentarios Guías Horas Extra LPXE Manifesto Normativas Notificacións Oficinas Partes Actividade Plenario RLT RR.HH. Redución xornada Representación Sindical Estatal. Representates dos traballadores Riscos Sicosioais Salas de Lactación Solidaria Subcontratacións TSX TX Europeo Tarifas Teletraballo Transformación de contratos Valencia Verán. Xubilacións Xunta de Galicia Xuntanzas Ébola Órgano Representación Estatal
Mostrando entradas con la etiqueta Comisión Formación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Comisión Formación. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de junio de 2019

Comisión de formación xuño 2019

O pasado 20 de xuño reuniuse a Comisión de Formación cun único punto na orde do día, a firma e aprobación do Plan Anual de Formación (PAF) 2019.

Tras a elaboración do borrador do PAF por parte de Dirección, CCOO Tragsatec emitiu un informe negativo en base ao artigo 64 do Estatuto dos Traballadores por varios motivos, pero principalmente porque Dirección pretendía incluír no PAF 2019 unha proposta de formación voluntaria fose de horario laboral, coa que non estamos de acordo, porque cremos que este tipo de formación debe ir diferenciado do PAF, non incluído no mesmo. As outras razóns para emitir o devandito informe son as que levamos expoñendo anos atrás, como a non participación da Representación Legal dos Traballadores ( RLT) na elaboración do PAF, a desigualdade e aleatoriedad na maneira de asignar os cursos, etc.

A RLT presentara propostas de cursos a incluír no segundo semestre do 2019, pero desde Dirección non puideron asegurar que se fosen a incluír, así que aínda que a empresa extraese do PAF 2019 o seu proxecto de formación voluntaria, onte a parte social da Comisión de Formación, representada por CCOO, UXT e CSIF decidimos por unanimidade non asinar a aprobación do PAF 2019, aínda que recoñecemos e valoramos positivamente o cambio de actitude da nova Dirección e a súa intención de cambiar e mellorar o sistema formativo en Tragsatec.


jueves, 21 de junio de 2018

Resumen da reunión da comisión de formación do 12/06/2018

Nesta ligazón podedes descargar o comunicado da Sección Sindical Estatal de CCOO de Tragsatec, contendo información relativa á reunión da Comisión de Formación de data 12 de Xuño de 2018, na que se trataron os seguintes puntos: 
  • Proposta de Itinerarios Formativos. 
  • Formación do Persoal de Reservas Mariñas. 
  • Desprazamento ao centro de formación de empresa desde o domicilio particular. 
  • Balance persoal formado no Plan Anual de Formación 2017. 

No comunicado tedes información máis detallada sobre os puntos citados.

Se tedes algunha dúbida ou consulta non dubidedes en poñervos en contacto connosco na nosa dirección de correo habitual ou con calquera representante de CCOO no voso centro de traballo.

miércoles, 1 de marzo de 2017

Comisión de formación: Plan Anual de Formación 2017

Durante os meses de de xaneiro e febreiro deste ano, reuniuse a Comisión de Formación onde se nos presentou o borrador do Plan Anual de Formación (PAF) 2017. Informamos sobre o informe previo emitido por CCOO Tragsatec ao PAF 2017 e sobre unha proposta conxunta cos demáis sindicatos presentada á empresa  que será debatida na próxima reunión da Comisión no mes de abril.

A partir desde comunicado incluiremos un novo apartado titulado "Sabias que...?" que de seguro será de gran interese a todo o persoal. Hoxe informamos sobre o dereito as 200 horas anuais de Permiso Individual de Formación (PIF).

Ler comunicado...

lunes, 14 de noviembre de 2016

Reunión da RSE do 8 de noviembro 2016

Informamos dos seguintes asuntos tratados na reunión entre a Representación Sindical Estatal (RSE) e a dirección de empresa o pasado 8 de novembro de 2016
  • Información sobre a Lei de Reforma do Sector Público. Afectación que pode ter esta Lei sobre os medios propios das Administracións Públicas e sobre o Grupo Tragsa en particular
  • Datos económicos a setembro de 2016. Incremento da produción e marxe directo en relación ao orzamento e ao mesmo trimestre do exercicio 2015. Substitución de persoal indefinido por eventual e precarización de emprego.
A proposta de CCOO Tragsatec tratáronse os seguintes asuntos:
  • I Convenio Colectivo Tragsatec e plan de estabilidade de emprego. Solicitude de apertura de mesa de negociación para o I Convenio Colectivo de Tragsatec e dun novo plan de estabilidade de emprego. Empresa disposta a negociar.
  • Convenio Colectivo de empresas de enxeñarías e oficinas de estudos técnicos.  Tras a recente firma do Convenio, solicitamos que a empresa faga os cambios contractuais precisos para que o mesmo sexa de aplicación ao persoal incorporado desde o 1 de xaneiro de 2015 do mesmo xeito que o resto de persoal.
  • Permiso retribuído por hospitalización de familiares (alta hospitalaria sen alta médica). Solicítase que este permiso non se extinga coa alta hospitalaria se non hai alta médica dando cumprimento a recentes sentenzas xudiciais.
  • Cotización á Seguridade Social do persoal indefinido non fixo. Solicítase que a cotización deste colectivo sexa a de persoal indefinido e non temporal.
  • Ampliación do FAS a todo o persoal por sentenza da Audiencia Nacional. Establécese un prazo ata o 18 de novembro de 2016 para que o persoal temporal, indefinidos non fixos, persoal de buques e reservas mariñas poidan acollerse voluntariamente ao FAS e permitan a detracción da correspondente achega nas súas nóminas.
  • Redución de xornada por coidado de menores e familiares. Solicítase que as novas solicitudes e cambios de porcentaxe de redución sexan de aplicación dende a data indicada pola persoa interesada e non desde o 1 do mes anterior ou posterior. A empresa estudará cada caso.
  • Adaptación do proceso de selección e contratación á lexislación vixente. Solicítase que a empresa cumpra o establecido en convenio para procesos de selección e contratación. A empresa afirma que xa cumpre a pesar de ter 9 sancións de Inspección de Traballo por infraccións nesta materia.
  • Sentenza do TJUE de data 14 de setembro de 2016. Asunto C- 596/14. Solicítase o recoñecemento de dereito ao persoal temporal de cobrar a mesma indemnización por finalización da relación laboral que o persoal indefinido.
  • Regulamentos de Comisións estatais de Formación e Reclasificación. Solicítase acordar un regulamento de funcionamento para ambas comisións.

  • Atrasos subida 1%. Procederase ao abono coa nómina de novembro ou a principios de decembro.