Comunicados CCOO ERE Convenio Comité de Empresa Negociacións Dirección de Empresa Conflicto Colectivo Publicacións Demandas Tragsatec Mobilizacións Despedimentos Denuncias Formación FAS Acordos Axudas Sentenzas Eleccións Notas de prensa #StopEreTragsa Sección Sindical Folga Tragsa A Coruña Información Inspección de traballo Permisos #Eleccións2016 Reclasificación #9X Concentración Convocatorias Lexislación RSE #555Readmisión Comisión Reclasificación FAV Grupo Tragsa SIMA Tecniberia Igualdade Actas PAF Propostas Reunións Xornada laboral 8 de marzo Comisión Formación Comisión de Igualdade Contratacións Dirección Empresa Incremento salarial Informes Patronal Plan Viabilidade 2015 dia da muller Comisión Interministerial Datos económicos Dereitos laborais Generalitat Valenciana LGPE Medios Comunicación Mobilización Nomeamentos PIF Prestacións Reuniones SEPI Seguridade e Saúde Vídeo Xustiza #25N Antigüidade Asamblea Atrasos BOE Campañas Carteles Comisión FAV Comité Intercentros Concilación Contra a violencia de Xénero DPO Dietas Elvira Rodríguez Escritos Igualdade salarial Ministerio Organigrama Paga Extra Petición información Queixas Regulamentos Reservas Mariñas Resolucións Sabías que...? Seguridad y Salud Seguridade Social Sollicitudes Tasa de Reposición UGT Vacantes 1 de maio Andalucía Art. 41 Art. 64 Banco Alimentos Banco Bebes. Calendario Laboral Comfia Comité Coruña Cuestionarios Despidos Dimisións Documentos Día de Emprego público Encomendas de Xestión Enlaces Excedencia Fichaxe Gaceta Sindical Gardacostas Grupos Parlamentarios Guías Horas Extra LPXE Manifesto Normativas Notificacións Oficinas Partes Actividade Plenario RLT RR.HH. Redución xornada Representación Sindical Estatal. Representates dos traballadores Riscos Sicosioais Salas de Lactación Solidaria Subcontratacións TSX TX Europeo Tarifas Teletraballo Transformación de contratos Valencia Verán. Xubilacións Xunta de Galicia Xuntanzas Ébola Órgano Representación Estatal
Mostrando entradas con la etiqueta #555Readmisión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #555Readmisión. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de junio de 2016

9X: VÍDEO. CCOO Tragsatec contra o ERE no Grupo Tragsa

A defensa de todos os postos de traballo é a máxima prioridade de CCOO Tragsatec. 

A finais de 2013 a dirección da empresa decidiu executar o maior ERE no sector público da historia do país co que pretendían despedir a 610 compañeiras e compañeiros de Tragsatec, 1336 no Grupo.

Dende ese momento gran parte dos esforzos e recursos de CCOO Tragsatec foron destinados a anular este atropelo sen esquecer os demais obxectivos que nos tiñamos marcado.


Hoxe queremos compartir este vídeo e o comunicado nos que resumimos a loita, que aínda mantemos, para lograr a reversión de todos os despedimentos.


martes, 19 de abril de 2016

Novas mobilizacións e reunións


O pasado 14 de abril unhas 300 persoas afectadas polo ERE e Representantes dos Traballadores, acudiron á convocatoria de concentración feita por CCOO Tragsa e Tragsatec nas inmediacións do Congreso dos Deputados. Seguimos reclamando a inmediata reversión dos 555 despedimentos e a apertura dunha mesa de negociación que retome o Plan de Viabilidade presentado pola empresa para mediados do 2015 e que foi retirado pola mesma tras o pronunciamiento do Tribunal Supremo, que avala o ERE levado a cabo anulando así a sentenza da Audiencia Nacional. 


O próximo 28 de abril teremos unha nova reunión coa Dirección da empresa en Madrid na que se nos entregará a información económica da compañía a decembro de 2015 e marzo de 2016. 

miércoles, 30 de marzo de 2016

ERE Grupo Tragsa. Debate PNL na Comisión de Emprego

A continuación colgamos o vídeo íntegro do debate na Comisión de Emprego do Congreso dos Deputados da Proposición non de Lei presentada polo PSOE e que foi aprobada con 22 votos a favor (PSOE, Podemos, ERC, Democracia y Libertad e Grupo Mixto), 15 en contra (PP) e 6 abstencións (Ciudadanos e PNV) 



lunes, 7 de marzo de 2016

CCOO Tragsatec. ERE Grupo Tragsa. Resumo visita ao Parlamento Europeo

Tal e como informaramos, unha delegación de CCOO e UGT do Grupo Tragsa estivemos os días 23 e 24 de febreiro en Bruxelas con eurodeputados e responsables sindicais e de emprego da Unión Europea para trasladarlles de primeira man a problemática do Procedemento de Despedimento Colectivo do Grupo Tragsa.


CCOO Tragsatec foi a única Sección Sindical que fixo entrega a todos eles dun detallado dossier no que explicamos cronoloxicamente todo o sucedido no ERE do Grupo Tragsa, así como a actual situación da compañía e o momento de conflitividade laboral que estamos a vivir por outros asuntos, propoñendo solucións e medidas alternativas aos despedimentos que garantan a viabilidade e futuro da empresa, co mantemento de todos os postos de traballo, así como a defensa do Grupo como medio propio das Administracións.

miércoles, 10 de febrero de 2016

Comunicado CCOO. ERE Grupo Tragsa no Parlamento Europeo

Neste novo comunicado de CCOO Tragsatec informámosvos de:

  1. ERE Grupo Tragsa no Parlamento Europeo 
  2. Reunión co Coordinador Xeral de EU, Cayo Lara e con representantes de Cidadáns 
  3. Primeira sentenza que declara improcedente un despedimento no marco do ERE Tragsa 
  4. Contratos de obra de máis de 4 anos asinados despois do 18 de xuño de 2010 
  5. Inspección de Traballo volve sancionar á empresa por non publicitar as novas vacantes 
  6. Acordo de flexibilidade para persoal con redución de xornada por garda legal e asuntos familiares 


Seguir lendo...

jueves, 28 de enero de 2016

Comunicado CCOO. Concentración en sede PP e outros eventos

Publicamos un novo comunicado de CCOO Tragsatec sobre a concentración diante da sede do Partido Popular o pasado 26 de xaneiro na que esiximos a  readmisión dos 555 despedidos no ERE do Grupo Tragsa.

Tamén facemos un resumo da reunión mantida co Presidente, Secretario Xeral e Director de RRHH do Grupo e informamos dos próximos eventos nos que participará CCOO Tragsatec.