Comunicados CCOO ERE Convenio Comité de Empresa Negociacións Dirección de Empresa Conflicto Colectivo Publicacións Demandas Tragsatec Mobilizacións Despedimentos Denuncias Formación FAS Acordos Axudas Sentenzas Eleccións Notas de prensa #StopEreTragsa Sección Sindical Folga Tragsa A Coruña Información Inspección de traballo Permisos #Eleccións2016 Reclasificación #9X Concentración Convocatorias Lexislación RSE #555Readmisión Comisión Reclasificación FAV Grupo Tragsa SIMA Tecniberia Igualdade Actas PAF Propostas Reunións Xornada laboral 8 de marzo Comisión Formación Comisión de Igualdade Contratacións Dirección Empresa Incremento salarial Informes Patronal Plan Viabilidade 2015 dia da muller Comisión Interministerial Datos económicos Dereitos laborais Generalitat Valenciana LGPE Medios Comunicación Mobilización Nomeamentos PIF Prestacións Reuniones SEPI Seguridade e Saúde Vídeo Xustiza #25N Antigüidade Asamblea Atrasos BOE Campañas Carteles Comisión FAV Comité Intercentros Concilación Contra a violencia de Xénero DPO Dietas Elvira Rodríguez Escritos Igualdade salarial Ministerio Organigrama Paga Extra Petición información Queixas Regulamentos Reservas Mariñas Resolucións Sabías que...? Seguridad y Salud Seguridade Social Sollicitudes Tasa de Reposición UGT Vacantes 1 de maio Andalucía Art. 41 Art. 64 Banco Alimentos Banco Bebes. Calendario Laboral Comfia Comité Coruña Cuestionarios Despidos Dimisións Documentos Día de Emprego público Encomendas de Xestión Enlaces Excedencia Fichaxe Gaceta Sindical Gardacostas Grupos Parlamentarios Guías Horas Extra LPXE Manifesto Normativas Notificacións Oficinas Partes Actividade Plenario RLT RR.HH. Redución xornada Representación Sindical Estatal. Representates dos traballadores Riscos Sicosioais Salas de Lactación Solidaria Subcontratacións TSX TX Europeo Tarifas Teletraballo Transformación de contratos Valencia Verán. Xubilacións Xunta de Galicia Xuntanzas Ébola Órgano Representación Estatal
Mostrando entradas con la etiqueta Comisión Reclasificación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Comisión Reclasificación. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de julio de 2018

Aplicación nova xornada, incremento salarial, axudas a aluguer, por nacemento e para escolas infantís e comunicado sobre varios asuntos.

A continuación informamos sobre os seguintes asuntos: 

1.- Aplicación da xornada de 37,5 horas semanais e incremento salarial:

Con respecto á solicitude de aplicación da xornada de 37,5 horas semanais establecida na disposición Adicional Centésima Cuadraxésima Cuarta da LPGE 2018, a Dirección da empresa deunos resposta ao escrito enviado por CCOO Tragsatec comunicándonos "que se procederá á análise da mesma e á súa aplicación conforme ás pautas e criterios establecidos polo noso accionista maioritario e órgano de coordinación en materia de xestión de persoal ante o Mº de Facenda." 

Desde CCOO tamén solicitamos que se proceda a redactar o acordo do incremento salarial do 1,5% correspondente ao 2018 e a abonar na nómina de xullo o 0,25% condicionado ao PIB, no momento que haxa Acordo do Consello de Ministros que aprobe a súa aplicación, tal e como se establece no punto 2 do artigo 18 da LPGE 2018.

Na próxima convocatoria da Representación Sindical Estatal (RSE) do 26 de xullo, na que haberá como sempre un representante de CCOO Galicia, instarase á negociación do incremento do 0,3% adicional e ao plan de estabilidade de emprego 2018-2020.

2.- Axudas para aluguer de vivenda, a familias con fillas e fillos nados en 2018 e para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3. 

A continuación podedes consultar as ordes que regulan: as axudas para o aluguer de vivendas para 2018, a tarxeta benvida (axuda) para as familias con fillas e fillos nados en 2018 e as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia. 

3.- Comunicado sobre varios asuntos:

Nesta ligazón podedes consultar un comunicado sobre os seguientes asuntos: 
  1. Incidencia sobre asuntos de fichaxe. 
  2. Tarxetas identificativas de persoal de cliente. 
  3. Permisos persoal de Reservas Marinas. 
  4. Abono de atrasos ao persoal non suxeito ao Convenio de Enxeñerías. 
  5. Comisión de reclasificación. 
  6. Incidencia en saída hora comida en xornada de inverno.

lunes, 14 de noviembre de 2016

Reunión da RSE do 8 de noviembro 2016

Informamos dos seguintes asuntos tratados na reunión entre a Representación Sindical Estatal (RSE) e a dirección de empresa o pasado 8 de novembro de 2016
  • Información sobre a Lei de Reforma do Sector Público. Afectación que pode ter esta Lei sobre os medios propios das Administracións Públicas e sobre o Grupo Tragsa en particular
  • Datos económicos a setembro de 2016. Incremento da produción e marxe directo en relación ao orzamento e ao mesmo trimestre do exercicio 2015. Substitución de persoal indefinido por eventual e precarización de emprego.
A proposta de CCOO Tragsatec tratáronse os seguintes asuntos:
  • I Convenio Colectivo Tragsatec e plan de estabilidade de emprego. Solicitude de apertura de mesa de negociación para o I Convenio Colectivo de Tragsatec e dun novo plan de estabilidade de emprego. Empresa disposta a negociar.
  • Convenio Colectivo de empresas de enxeñarías e oficinas de estudos técnicos.  Tras a recente firma do Convenio, solicitamos que a empresa faga os cambios contractuais precisos para que o mesmo sexa de aplicación ao persoal incorporado desde o 1 de xaneiro de 2015 do mesmo xeito que o resto de persoal.
  • Permiso retribuído por hospitalización de familiares (alta hospitalaria sen alta médica). Solicítase que este permiso non se extinga coa alta hospitalaria se non hai alta médica dando cumprimento a recentes sentenzas xudiciais.
  • Cotización á Seguridade Social do persoal indefinido non fixo. Solicítase que a cotización deste colectivo sexa a de persoal indefinido e non temporal.
  • Ampliación do FAS a todo o persoal por sentenza da Audiencia Nacional. Establécese un prazo ata o 18 de novembro de 2016 para que o persoal temporal, indefinidos non fixos, persoal de buques e reservas mariñas poidan acollerse voluntariamente ao FAS e permitan a detracción da correspondente achega nas súas nóminas.
  • Redución de xornada por coidado de menores e familiares. Solicítase que as novas solicitudes e cambios de porcentaxe de redución sexan de aplicación dende a data indicada pola persoa interesada e non desde o 1 do mes anterior ou posterior. A empresa estudará cada caso.
  • Adaptación do proceso de selección e contratación á lexislación vixente. Solicítase que a empresa cumpra o establecido en convenio para procesos de selección e contratación. A empresa afirma que xa cumpre a pesar de ter 9 sancións de Inspección de Traballo por infraccións nesta materia.
  • Sentenza do TJUE de data 14 de setembro de 2016. Asunto C- 596/14. Solicítase o recoñecemento de dereito ao persoal temporal de cobrar a mesma indemnización por finalización da relación laboral que o persoal indefinido.
  • Regulamentos de Comisións estatais de Formación e Reclasificación. Solicítase acordar un regulamento de funcionamento para ambas comisións.

  • Atrasos subida 1%. Procederase ao abono coa nómina de novembro ou a principios de decembro.

miércoles, 19 de octubre de 2016

Comisión de reclasificación 2016

Informamos do sucedido na reunión da comisión de reclasificación profesional do pasado 29 de setembro.

Das 107 solicitudes pendentes só se reclasificaron a 19, desestimáronse 14 porque corresponden a persoal en excedencia, que renunciaron á reclamación ou que causaron baixa na empresa e nos 74 restantes non houbo acordo na comisión.

Desde CCOO Tragsatec cuestionámonos o funcionamento desta comisión e consideramos imprescindible a elaboración dun regulamento consensuado entre a Dirección e a Representación Social para evitar que "as regras de xogo" sexan modificadas de maneira unilateral.

jueves, 14 de julio de 2016

Comisión reclasificación julio 2016

O pasado martes 12 de xullo reuniuse a Comisión de Reclasificación para analizar e valorar as solicitudes presentadas polos traballadores e traballadoras de Tragsatec desde o ano 2011. 

Lembrámosvos que dita Comisión leva sen realizar as súas funcións de análises, resolución e comunicación desde o 2012. 

Debido ao alto número de solicitudes pendentes de estudo, a comisión volverá reunirse no mes de setembro. 

viernes, 6 de mayo de 2016

Reunión coa Dirección da Empresa

O 28 de abril, despois de cinco meses sen falar de temas laborais (dado que as últimas reunións só foron convocadas para comunicar despedimentos), tivemos unha intensa reunión de máis de 7 horas coa Dirección da empresa, na que se trataron os seguintes asuntos:

  • Contratos de obra de máis de 4 anos asinados con posterioridade ao 18 de xuño de 2010. A empresa procederá ao recoñecemento por escrito da condición de indefinido non fixo, en caso que o/a traballador/a solicíteo, en cumprimento da sentenza 0018/16 da Sala de Social da Audiencia Nacional correspondente ao número de procemiento 335/2015. Demanda interposta por CCOO Tragsatec tras numerosas solicitudes de conversión a indefinidos non fixos dos compañeiros e compañeiras afectados/as.
  • Aplicación dalgúns permisos recolleitos no Acordo de Homologación
  • Modificación do Regulamento de Fondo de Axuda Social (FAS)
  • Solicitude de convocatoria das Comisións de Igualdade e Reclasificación
  • Novas competencias da RSE. Centros sen Representación Sindical
  • Falta de información na nova Intranet: importe ticket comedor, acordos e actas non derrogadas polo Acordo de homologación e aclaración sentencia flexibilidade. Novos espazos para cada unha das Comisións Estatais.
  • Provisión de vacantes
  • Dietas en caso de desprazamento
  • Negociación do 1% de retribucións e masa salarial
  • Datos económicos: peche 2015 e primeiro trimestre 2016

lunes, 30 de noviembre de 2015

Concentracións CCOO Tragsatec contra o ERE


Publicamos un novo comunicado de CCOO Tragsatec sobre as mobilizacións que estamos a realizar contra o ERE no Grupo Tragsa conxuntamente con UGT e CSIF.
 
Informamos tamén que o Goberno de Galicia deberá responder no Pleno do 1 de decembro a unha pregunta parlamentaria sobre o ERE formulada polo Grupo Parlamentar Alternativa Galega de Esquerdas. 

O 2 de decembro as 12:00 volveremos a ter unha nova concentración diante do Parlamento Galego contra o ERE no Grupo Tragsa.

Comunicado 




miércoles, 17 de diciembre de 2014

Comunicado Comisión de Reclasificación

Onte, martes día 16 de decembro, celebrouse unha nova reunión da Comisión Estatal de Reclasificación despois de 3 anos. Esta comisión encárgase de estudar e analizar as solicitudes dos traballadores e traballadoras que están a realizar funcións dunha categoría superior á que figura no seu contrato, e polo tanto, que non están a cobrar na súa nómina. 

Segundo a Dirección, dende o ano 2012, pola Lei de Presupostos Xerais do Estado (LPGE), non pódese reclasificar a ninguén porque se aumentaría a masa salarial, o cal non é permitido por dita Lei nas empresas públicas.