A actividade sindical en Tragsatec é dende hai moitos anos intensa e o nivel de compromiso da maioría dos Representantes dos Traballadores é alto.
Isto ten unha consecuencia directa na empresa e é que a maioría das condicións laborais vixentes melloran o estipulado no Estatuto dos Traballadores e no Convenio Colectivo de aplicación, Convenio que cada día está máis alonxado da realidade da nosa empresa polo que cremos que nos próximos anos debemos centrar esforzos na consecución dun Convenio propio que reflicta esa realidade e reduza as diferenzas de condicións laborais coa empresa matriz Tragsa.
Hoxe facilitámosvos a nosa guía de condicións laborais 2016 na que tratamos de incorporar nun só documento os dereitos logrados tras anos de traballo sindical xa que a cantidade de normativa e acordos vixentes en Tragsatec dificultan o coñecemento detallado dos nosos dereitos.
Tamén podes leer o último comunicado sobre a reunión do Convenio de enxeñarías coa patronal Tecniberia.
Seguro que esta guía seravos de gran utilidade.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.