É un bo momento, ás portas das próximas eleccións sindicais, de facer balance do feito, do acadado e poñer así en valor a aqueles delegados e delegadas de CCOO Tragsatec que dedicaron, dedican e dedicarán horas, esforzos e enerxías na defensa, difícil e conflitiva moitas veces, dos dereitos do persoal de Tragsatec.
Durante os próximos días, e coincidindo co periodo de campaña electoral que comeza hoxe, iremos publicando unha serie de comunicados sobre o traballo feito polas delegadas e delegados de CCOO Tragsatec ao longo dos últimos anos.
O comunicado de hoxe trata sobre os seguintes temas:
- Mobilizacións contra os primeiros despedimentos en Tragsatec
- Acordo de flexibilidade e concreción horaria para o persoal con redución de xornada por cuidado de menores e asuntos familiares
- Contratos de obra firmados despois do 18 de xuño de 2010 con máis de 4 anos de antigüidade
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.