O 28 de abril, despois de cinco meses sen falar de temas laborais (dado que as últimas reunións só foron convocadas para comunicar despedimentos), tivemos unha intensa reunión de máis de 7 horas coa Dirección da empresa, na que se trataron os seguintes asuntos:
- Contratos de obra de máis de 4 anos asinados con posterioridade ao 18 de xuño de 2010. A empresa procederá ao recoñecemento por escrito da condición de indefinido non fixo, en caso que o/a traballador/a solicíteo, en cumprimento da sentenza 0018/16 da Sala de Social da Audiencia Nacional correspondente ao número de procemiento 335/2015. Demanda interposta por CCOO Tragsatec tras numerosas solicitudes de conversión a indefinidos non fixos dos compañeiros e compañeiras afectados/as.
- Aplicación dalgúns permisos recolleitos no Acordo de Homologación
- Modificación do Regulamento de Fondo de Axuda Social (FAS)
- Solicitude de convocatoria das Comisións de Igualdade e Reclasificación
- Novas competencias da RSE. Centros sen Representación Sindical
- Falta de información na nova Intranet: importe ticket comedor, acordos e actas non derrogadas polo Acordo de homologación e aclaración sentencia flexibilidade. Novos espazos para cada unha das Comisións Estatais.
- Provisión de vacantes
- Dietas en caso de desprazamento
- Negociación do 1% de retribucións e masa salarial
- Datos económicos: peche 2015 e primeiro trimestre 2016
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.