Informamos
dos seguintes asuntos tratados na reunión entre a Representación Sindical
Estatal (RSE) e a dirección de empresa o pasado 8 de novembro de 2016
- Información sobre a Lei de Reforma do Sector
Público.
Afectación que pode ter esta Lei sobre os medios propios das
Administracións Públicas e sobre o Grupo Tragsa en particular
- Datos económicos a setembro de 2016. Incremento da produción e marxe
directo en relación ao orzamento e ao mesmo trimestre do exercicio 2015.
Substitución de persoal indefinido por eventual e precarización de
emprego.
A proposta de
CCOO Tragsatec tratáronse os seguintes asuntos:
- I Convenio Colectivo Tragsatec e plan de
estabilidade de emprego.
Solicitude de apertura de mesa de negociación para o I Convenio Colectivo
de Tragsatec e dun novo plan de estabilidade de emprego. Empresa disposta
a negociar.
- Convenio Colectivo de empresas de enxeñarías e
oficinas de estudos técnicos.
Tras a recente firma do Convenio, solicitamos que a empresa faga os
cambios contractuais precisos para que o mesmo sexa de aplicación ao
persoal incorporado desde o 1 de xaneiro de 2015 do mesmo xeito que o
resto de persoal.
- Permiso retribuído por hospitalización de familiares
(alta hospitalaria sen alta médica). Solicítase que este permiso non se extinga coa alta
hospitalaria se non hai alta médica dando cumprimento a recentes sentenzas
xudiciais.
- Cotización á Seguridade Social do persoal indefinido
non fixo. Solicítase
que a cotización deste colectivo sexa a de persoal indefinido e non
temporal.
- Ampliación do FAS a todo o persoal por sentenza da
Audiencia Nacional.
Establécese un prazo ata o 18 de novembro de 2016 para que o persoal
temporal, indefinidos non fixos, persoal de buques e reservas mariñas
poidan acollerse voluntariamente ao FAS e permitan a detracción da
correspondente achega nas súas nóminas.
- Redución de xornada por coidado de menores e
familiares.
Solicítase que as novas solicitudes e cambios de porcentaxe de redución
sexan de aplicación dende a data indicada pola persoa interesada e non
desde o 1 do mes anterior ou posterior. A empresa estudará cada caso.
- Adaptación do proceso de selección e contratación á
lexislación vixente.
Solicítase que a empresa cumpra o establecido en convenio para procesos de
selección e contratación. A empresa afirma que xa cumpre a pesar de ter 9
sancións de Inspección de Traballo por infraccións nesta materia.
- Sentenza do TJUE de data 14 de setembro de 2016.
Asunto C- 596/14.
Solicítase o recoñecemento de dereito ao persoal temporal de cobrar a
mesma indemnización por finalización da relación laboral que o persoal
indefinido.
- Regulamentos de Comisións estatais de Formación e
Reclasificación.
Solicítase acordar un regulamento de funcionamento para ambas comisións.
- Atrasos subida 1%. Procederase ao abono coa nómina de novembro ou a
principios de decembro.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.