O pasado 6 de outubro, as Seccións Sindicais de CCOO e UGT Galicia presentaron a quinta denuncia ante Inspección de Traballo (IT) contra Tragsatec por incumprir o Convenio Colectivo de Enxeñarías no procedemento de provisión de vacantes.
O artigo 14 do citado Convenio obriga a Tragsatec a publicar as vacantes que se produzan antes de acudir a unha nova contratación para que o persoal xa contratado teña a oportunidade de optar as mesmas. O reiterado incumprimento desta obriga por parte da empresa, fixo que a Representación Sindical presentase xa varias denuncias e que a IT abrise dous procedementos sancionadores por infracción en materia laboral de carácter grave contra Tragsatec.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.