Informamos da sentenza do Tribunal Supremo que dá a razón a CCOO na demanda de conflito colectivo que interpuxemos en materia de reclasificación. Tamén informamos do recurso presentado pola empresa contra a sentenza da Audiencia Nacional en materia de antigüidade, froito da demanda presentada por CCOO.
Estamos satisfeitos coa sentenza do Tribunal Supremo, pero seguimos condenando a actitude desta dirección que, a pesar de manifestar a súa intención de cambiar as políticas de Relacións Laborais implantadas por equipos directivos anteriores, segue vulnerando dereitos laborais do persoal de Tragsatec. Xa son moitas as demandas gañadas por CCOO nos tribunais (antigüidade, reclasificación, enfermidade sen baixa, cómputo de permisos retribuídos desde o primeiro día laborable…). Xa é hora de que esta Dirección aplique pacificamente os acordos, as leis e as sentenzas para que todos podamos dedicar os nosos esforzos a unicamente alcanzar acordos que beneficien a todas as partes.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.