Como continuación deste comunicado, queremos facernos eco da seguinte nota de prensa feita pública onte polo gabinete de comunicación do Poder Xudicial: "O TSXPV estende tamén ao sector privado as indemnizacións aos temporais", o subtítulo "O caso refírese a un traballador dunha empresa de servizos que, ao acabar o seu contrato eventual, solicitou que ao fin da relación laboral fose considerado despedimento nulo", e o seguinte contido: "A Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco ditou unha sentenza na que establece unha indemnización de 20 días á finalización dun contrato por obra ou servizo determinado nunha empresa privada que, neste caso concreto, dedicábase á prestación de servizos de limpeza e mantemento."
O interese da nova sentenza ditada pola Sala do social do TSX vasco é que se trata dunha sentenza que aborda un conflito laboral no sector privado, mentres que a anteriormente ditada afectaba ao sector público, da mesma maneira que as tres sentencias ditadas polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea o 14 de setembro e o auto do 21 de setembro tamén facían referencia a cuestións prexudiciais suscitadas por tribunais españois en relación con conflitos laborais no sector público.
Deste xeito o TSXPV extende a tódolos traballadores e traballadoras temporais o dereito á indemnización de 20 días por ano traballado con independencia de se traballan para o sector público ou privado.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.