O pasado 22 de abril tivo lugar unha nova reunión (ou simulacro de reunión) á que a representación empresarial acudiu unicamente con dous representantes (habitualmente acoden entre cinco e sete), o que facía prever o desenlace da devandita reunión.
CC.OO. iniciamos a reunión manifestando o noso malestar por como finalizou o intento de achegamento que parecía íase producir durante a primeira reunión do grupo de traballo formado para estes efectos. Unha primeira reunión na que as partes manifestaron as súas razóns e na que parecía que se podería abrir unha porta, porta que se pechou totalmente na segunda reunión, na que unha parte da patronal volveu formular as propostas que xa se presentaran na Mesa de Negociación e que están a dar lugar a que o Convenio non teña saída negociada.

No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.