Comunicados CCOO ERE Convenio Comité de Empresa Negociacións Dirección de Empresa Conflicto Colectivo Publicacións Demandas Tragsatec Mobilizacións Despedimentos Denuncias Formación FAS Acordos Axudas Sentenzas Eleccións Notas de prensa #StopEreTragsa Sección Sindical Folga Tragsa A Coruña Información Inspección de traballo Permisos #Eleccións2016 Reclasificación #9X Concentración Convocatorias Lexislación RSE #555Readmisión Comisión Reclasificación FAV Grupo Tragsa SIMA Tecniberia Igualdade Actas PAF Propostas Reunións Xornada laboral 8 de marzo Comisión Formación Comisión de Igualdade Contratacións Dirección Empresa Incremento salarial Informes Patronal Plan Viabilidade 2015 dia da muller Comisión Interministerial Datos económicos Dereitos laborais Generalitat Valenciana LGPE Medios Comunicación Mobilización Nomeamentos PIF Prestacións Reuniones SEPI Seguridade e Saúde Vídeo Xustiza #25N Antigüidade Asamblea Atrasos BOE Campañas Carteles Comisión FAV Comité Intercentros Concilación Contra a violencia de Xénero DPO Dietas Elvira Rodríguez Escritos Igualdade salarial Ministerio Organigrama Paga Extra Petición información Queixas Regulamentos Reservas Mariñas Resolucións Sabías que...? Seguridad y Salud Seguridade Social Sollicitudes Tasa de Reposición UGT Vacantes 1 de maio Andalucía Art. 41 Art. 64 Banco Alimentos Banco Bebes. Calendario Laboral Comfia Comité Coruña Cuestionarios Despidos Dimisións Documentos Día de Emprego público Encomendas de Xestión Enlaces Excedencia Fichaxe Gaceta Sindical Gardacostas Grupos Parlamentarios Guías Horas Extra LPXE Manifesto Normativas Notificacións Oficinas Partes Actividade Plenario RLT RR.HH. Redución xornada Representación Sindical Estatal. Representates dos traballadores Riscos Sicosioais Salas de Lactación Solidaria Subcontratacións TSX TX Europeo Tarifas Teletraballo Transformación de contratos Valencia Verán. Xubilacións Xunta de Galicia Xuntanzas Ébola Órgano Representación Estatal

miércoles, 16 de julio de 2014

Resposta da Dirección da Empresa. Novo organigrama. Impacto económico e sobre masa salarial

Publicamos a resposta dada pola Dirección de Empresa á solicitude de información do impacto económico e cambios da masa salarial que produciu o cambio organizativo no Grupo Tragsa.


Esta Sección Sindical segue, a pesar da resposta da empresa, entendendo a necesidade e obriga, da consulta e informe dos representantes dos traballadores en aplicación do art.º 64 do Estatuto dos Traballadores dado que un novo organigrama supón unha implantación e/ou revisión dun novo sistema de organización.

Seguiremos informando.



Enviado o: mércores, 09 de xullo de 2014 16:54
Asunto: RV: Solicitude información 
Importancia: Alta 

Respecto á consulta relacionada sobre o detalle e desagregación do impacto económico que o cambio organizativo supón para o Grupo e para Tragsatec e sobre o impacto na masa salarial global (nos termos establecidos no a Lei 22/2013 do 23 de decembro), indicar que a información que nos solicitas, excede do ámbito de aplicación do artigo 64 do Estatuto dos Traballadores, que recolle a información que obrigatoriamente a empresa debe entregar á representación legal dos traballadores e nese sentido, indicarche que tampouco se precisa informe previo da representación legal dos traballadores. En cambio, si se precisou e así requiriúsevos na reestruturación que a empresa formulou a través do procedemento de despedimento colectivo de tragsatec. 

Respecto á cuestión relativa (e que transcribo): "existencia dalgúns ascensos e o paso a Tragsatec da subdirección de Sistemas e Aplicacións Corporativas e as Xerencias de Desenvolvementos e Sistemas, cuxo persoal, entendemos, réxese por Convenio Tragsa", igualmente solicitades información que non se encontra entre a que, por imposición do artigo 64 do ET, a empresa vos deba entregar. Referídesvos a nomeamentos en postos de confianza e de libre designación e como tales, competen exclusivamente á empresa, así como o deseño organizativo, o cal se enmarca dentro do seu labor, coa adopción de medidas empresariais interna, como política de xestión. 

Quedo á vosa disposición para calquera aclaración. 
Saúdos,

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.