Publicamos solicitude de información feita esta mañá á empresa en relación á nova identidade corporativa do Grupo Tragsa (prazo de implantación e custos).
Tras a publicación no intranet da nova identidade corporativa do Grupo Tragsa, solicitamos información sobre:
- O seu prazo de aplicación e ámbito (Web corporativa, rotulación de vehículos, roupa de traballo, papelaría, etc.) . e por suposto, o custo da implantación desta, non entendendo moi ben esta Sección Sindical a necesidade de cambio nestes momentos.
Tamén, recordar a vontade negociadora manifestada polas partes con respecto ás propostas realizadas por todas as seccións sindicais con respecto á flexibilidade de xornada do persoal con redución, flexibilidade da xornada de verán e inclusión do persoal con contrato temporal no Fondo de Axuda Social e outras propostas presentadas por esta Sección Sindical, que se encontran paralizadas neste momento.
Informaremos en canto teñamos unha resposta.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.