Como xa sabedes estamos a facer cambios no blog para manter unha comunicación máis fluída convosco.
Por iso hoxe queremos presentarvos dúas novas formas de comunicación:
- A primeira mediante un formulario de contacto ao que poderedes acceder dende o menú superior en Contacta. Dese xeito contactaredes de forma personaliza con cada un dos vosos representantes ou obteredes información sobre temas máis concretos como formación, FAS, FAV e Seguridade e Saúde.
- A segunda é a nova canle de comunicación en YouTube onde iremos colgando vídeos informativos que se poderán ver en publicacións que iremos introducindo no blog e de forma permanente na propia canle.
Tamén estreamos un novo apartado A túa Opinión conta onde podedes publicar vosos propios artigos, para facervos escoitar. Accederase en calquera momento dende o enlace permanente do menú superior.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.