Comunicados CCOO ERE Convenio Comité de Empresa Negociacións Dirección de Empresa Conflicto Colectivo Publicacións Demandas Tragsatec Mobilizacións Despedimentos Denuncias Formación FAS Acordos Axudas Sentenzas Eleccións Notas de prensa #StopEreTragsa Sección Sindical Folga Tragsa A Coruña Información Inspección de traballo Permisos #Eleccións2016 Reclasificación #9X Concentración Convocatorias Lexislación RSE #555Readmisión Comisión Reclasificación FAV Grupo Tragsa SIMA Tecniberia Igualdade Actas PAF Propostas Reunións Xornada laboral 8 de marzo Comisión Formación Comisión de Igualdade Contratacións Dirección Empresa Incremento salarial Informes Patronal Plan Viabilidade 2015 dia da muller Comisión Interministerial Datos económicos Dereitos laborais Generalitat Valenciana LGPE Medios Comunicación Mobilización Nomeamentos PIF Prestacións Reuniones SEPI Seguridade e Saúde Vídeo Xustiza #25N Antigüidade Asamblea Atrasos BOE Campañas Carteles Comisión FAV Comité Intercentros Concilación Contra a violencia de Xénero DPO Dietas Elvira Rodríguez Escritos Igualdade salarial Ministerio Organigrama Paga Extra Petición información Queixas Regulamentos Reservas Mariñas Resolucións Sabías que...? Seguridad y Salud Seguridade Social Sollicitudes Tasa de Reposición UGT Vacantes 1 de maio Andalucía Art. 41 Art. 64 Banco Alimentos Banco Bebes. Calendario Laboral Comfia Comité Coruña Cuestionarios Despidos Dimisións Documentos Día de Emprego público Encomendas de Xestión Enlaces Excedencia Fichaxe Gaceta Sindical Gardacostas Grupos Parlamentarios Guías Horas Extra LPXE Manifesto Normativas Notificacións Oficinas Partes Actividade Plenario RLT RR.HH. Redución xornada Representación Sindical Estatal. Representates dos traballadores Riscos Sicosioais Salas de Lactación Solidaria Subcontratacións TSX TX Europeo Tarifas Teletraballo Transformación de contratos Valencia Verán. Xubilacións Xunta de Galicia Xuntanzas Ébola Órgano Representación Estatal

miércoles, 19 de diciembre de 2012

TRAGSATEC PONTEVEDRA CONTRA OS DESPIDOS


Tras as protestas nas oficinas de Santiago de Compostela, Lugo e Ourense, o pasado 17 de decembro CC.OO. e UGT Tragsatec manifestáronse diante das oficinas da empresa en Pontevedra.



Durante o último ano, uns 1.500 compañeiras e compañeiros, moitos amigos, perderon os seus postos de traballo na empresa pública Tragsatec, cifra se eleva ata case 3.000 se temos en conta a todo o Grupo Tragsa. Fronte a isto, a empresa segue a manter por enriba de todo e de todos postos de organigrama con salarios moi superiores á media na empresa, coches que se usan para ir de vacacións e outras prebendas que se converten en intocables. Todo isto con diñeiro público, diñeiro de todos. É unha forma máis, dentro do pequeno mundo que é o Grupo Tragsa, de privatizar beneficios e socializar perdas poñendo en perigo o futuro e a viabilidade da empresa.



Esiximos a paralización inmediata de tódolos despidos e que a Dirección presente á representación dos traballadores a situación real do Grupo. Queremos negociar a forma de reestructurar a empresa, pero para iso é imprescindible que falemos de absolutamente todo. O Grupo Tragsa ten actualmente un organigrama insostible, e agora co ataque brutal que se está a facer contra a base produtiva, estamos chegando a unha situación de “pirámide invertida”. O primeiro que hai que reducir, antes de destruir un so posto de traballo, é o organigrama e as súas prebendas, tanto a nivel central como autonómico.



As mobilizacións que se iniciaron en Galiza, van a extenderse con toda seguridade ao resto do territorio nacional xa que outras comunidades xa se están a ver afectadas por esta política suicida.



Promoveremos e apoiaremos inciativas de rebeldía contra a política de austericidio que iniciou a dirección da empresa levada a cabo por unha auténtica brigada de demolición e limpeza laboral no Grupo Tragsa.

¡¡¡XUNTOS TEMOS MAIS FORZA!!!

¡¡¡É A HORA DE TOMAR PARTE!!!

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.