Comunicados CCOO ERE Convenio Comité de Empresa Negociacións Dirección de Empresa Conflicto Colectivo Publicacións Demandas Tragsatec Mobilizacións Despedimentos Denuncias Formación FAS Acordos Axudas Sentenzas Eleccións Notas de prensa #StopEreTragsa Sección Sindical Folga Tragsa A Coruña Información Inspección de traballo Permisos #Eleccións2016 Reclasificación #9X Concentración Convocatorias Lexislación RSE #555Readmisión Comisión Reclasificación FAV Grupo Tragsa SIMA Tecniberia Igualdade Actas PAF Propostas Reunións Xornada laboral 8 de marzo Comisión Formación Comisión de Igualdade Contratacións Dirección Empresa Incremento salarial Informes Patronal Plan Viabilidade 2015 dia da muller Comisión Interministerial Datos económicos Dereitos laborais Generalitat Valenciana LGPE Medios Comunicación Mobilización Nomeamentos PIF Prestacións Reuniones SEPI Seguridade e Saúde Vídeo Xustiza #25N Antigüidade Asamblea Atrasos BOE Campañas Carteles Comisión FAV Comité Intercentros Concilación Contra a violencia de Xénero DPO Dietas Elvira Rodríguez Escritos Igualdade salarial Ministerio Organigrama Paga Extra Petición información Queixas Regulamentos Reservas Mariñas Resolucións Sabías que...? Seguridad y Salud Seguridade Social Sollicitudes Tasa de Reposición UGT Vacantes 1 de maio Andalucía Art. 41 Art. 64 Banco Alimentos Banco Bebes. Calendario Laboral Comfia Comité Coruña Cuestionarios Despidos Dimisións Documentos Día de Emprego público Encomendas de Xestión Enlaces Excedencia Fichaxe Gaceta Sindical Gardacostas Grupos Parlamentarios Guías Horas Extra LPXE Manifesto Normativas Notificacións Oficinas Partes Actividade Plenario RLT RR.HH. Redución xornada Representación Sindical Estatal. Representates dos traballadores Riscos Sicosioais Salas de Lactación Solidaria Subcontratacións TSX TX Europeo Tarifas Teletraballo Transformación de contratos Valencia Verán. Xubilacións Xunta de Galicia Xuntanzas Ébola Órgano Representación Estatal

viernes, 5 de abril de 2019

Enfermidade sin baixa e outros

PERMISO DE ENFERMIDADE SEN BAIXA


Como vos informamos neste comunicado o Tribunal Supremo dá a razón a CCOO Tragsatec e ratifica a sentenza da Audiencia Nacional que recoñece o dereito ao permiso retribuído durante os tres primeiros días de cada período de enfermidade sen necesidade da declaración de baixa médica ou incapacidade temporal, simplemente coa xustificación prescrita polo sistema sanitario público.

Por parte desta Sección sindical xa lle requirimos á Dirección da empresa que acate a sentenza do Tribual Supremo e proceda a facilitar que o persoal de Tragsatec poida acollerse ao permiso de enfermidade recollido no apartado g) do artigo 6 do Acordo de Homologación, sen que se obrigue nin esixa a baixa médica e que se realicen as modificacións pertinentes na xestión de permisos da Intranet.

A Dirección de Recursos Humanos confirmou que se vai a proceder nos termos da sentenza e así o publicaron na intranet no día de hoxe, habilitando novamente a incidencia de Enfermidade sen baixa na aplicación de “Xustificación de incidencias”.

Desde CCOO estamos moi satisfeitos co fallo do Tribunal Supremo, xa que foi unha dura batalla xurídica coa empresa para defender o cumprimento dos dereitos recolleitos nos nosos acordos. Esperamos que para futuro podamos utilizar a vía da negociación colectiva para resolver estes conflitos, que para nós é a vía máis razoable, pero non dubidaremos en acudir aos tribunais como nesta ocasión se a Dirección atenta contra calquera dos dereitos conseguidos.

PERSOAL TRASLADADO DE CENTRO DE TRABALLO


Detectamos algúns casos de persoal que foi desprazado a outro centro de traballo e que ao cumprir o ano, que debería converterse nun traslado (regulado segundo o artigo 40 do Estatuto dos Traballadores) non se articulou como tal porque algúns responsables interpretan que non poden realizar un traslado se non existe a praza fixa no lugar de destino, interpretando que as prazas fixas só pódense crear a través da taxa de reposición ou o plan de estabilización de emprego.

Tras comunicar estas situacións á Dirección de RRHH en Madrid, concluíron que os traslados en caso de persoal indefinido desprazado que cumpre o ano ou traslados executados directamente, deben seguir articulándose como viña facendo, en base ao Estatuto dos Traballadores e ao Convenio de Enxeñerías, e que non debe mesturarse coa taxa de reposición e procesos de estabilización do emprego, destinados ao persoal con contrato temporal.

Se tes algunha dúbida ou aclaración ou queres ampliar información dalgunha outra cuestión, non dubides en poñerche en contacto connosco mediante a nosa dirección de correo electrónico ou con calquera delegado/a de CCOO no teu centro de traballo.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.