Comunicados CCOO ERE Convenio Comité de Empresa Negociacións Dirección de Empresa Publicacións Conflicto Colectivo Demandas Tragsatec Mobilizacións Despedimentos Denuncias Formación FAS Acordos Axudas Eleccións Notas de prensa Sentenzas #StopEreTragsa Sección Sindical Folga Tragsa A Coruña Información Inspección de traballo #Eleccións2016 Permisos #9X Concentración Convocatorias Lexislación Reclasificación #555Readmisión Comisión Reclasificación FAV Grupo Tragsa Tecniberia SIMA Actas Igualdade Propostas RSE Reunións Xornada laboral 8 de marzo Comisión de Igualdade Contratacións Incremento salarial PAF Patronal Plan Viabilidade 2015 dia da muller Comisión Formación Comisión Interministerial Datos económicos Generalitat Valenciana Informes LGPE Medios Comunicación Mobilización Nomeamentos PIF Prestacións Reuniones SEPI Seguridade e Saúde Vídeo Xustiza #25N Asamblea Atrasos BOE Campañas Carteles Comisión FAV Comité Intercentros Concilación Contra a violencia de Xénero DPO Dereitos laborais Dietas Dirección Empresa Elvira Rodríguez Escritos Igualdade salarial Ministerio Organigrama Paga Extra Petición información Queixas Regulamentos Reservas Mariñas Resolucións Sabías que...? Seguridad y Salud Seguridade Social Sollicitudes UGT Vacantes 1 de maio Andalucía Art. 41 Art. 64 Banco Alimentos Banco Bebes. Calendario Laboral Comfia Comité Coruña Cuestionarios Despidos Dimisións Documentos Día de Emprego público Encomendas de Xestión Enlaces Excedencia Fichaxe Gaceta Sindical Gardacostas Grupos Parlamentarios Guías Horas Extra LPXE Manifesto Normativas Notificacións Oficinas Partes Actividade Plenario RLT RR.HH. Redución xornada Representación Sindical Estatal. Representates dos traballadores Riscos Sicosioais Salas de Lactación Solidaria Subcontratacións TX Europeo Tarifas Tasa de Reposición Transformación de contratos Valencia Verán. Xubilacións Xunta de Galicia Xuntanzas Ébola Órgano Representación Estatal

lunes, 17 de septiembre de 2018

CCOO exixe a apicación da xornada de 37,5 horas

Despois das vacacións de verán e coñecendo a incerteza que tedes respecto da aplicación da xornada de 37,5 h contemplada na LPGE 2.018, achegámosvos comunicado da sección sindical estatal de CCOO coa información relativa aos pasos que demos para tratar de obter algunha información do asunto indicado por parte da empresa.

Finalmente, a Dirección informounos que tras manter unha reunión en SEPI para tratar aspectos relativos á implantación da xornada ían convocar para tratar o tema, previsiblemente a finais de setembro. Esta convocatoria chegou o venres 14 instando á Representación Sindical Estatal a reunión o 27 de Setembro.

Desde esta sección sindical aínda descoñecemos aspectos tan importantes como o cómputo anual de horas que contemplará a dirección, a futura compensación de excesos de xornada realizados polo persoal e se o considerarán horas extraordinarias. Cuestións que seguen sen resposta polo momento e das cales vos informaremos unha vez manteñamos a reunión prevista. En función do que nos comuniquen, valoraremos as medidas que teñamos que tomar respecto diso.

jueves, 5 de julio de 2018

Aplicación nova xornada, incremento salarial, axudas a aluguer, por nacemento e para escolas infantís e comunicado sobre varios asuntos.

A continuación informamos sobre os seguintes asuntos: 

1.- Aplicación da xornada de 37,5 horas semanais e incremento salarial:

Con respecto á solicitude de aplicación da xornada de 37,5 horas semanais establecida na disposición Adicional Centésima Cuadraxésima Cuarta da LPGE 2018, a Dirección da empresa deunos resposta ao escrito enviado por CCOO Tragsatec comunicándonos "que se procederá á análise da mesma e á súa aplicación conforme ás pautas e criterios establecidos polo noso accionista maioritario e órgano de coordinación en materia de xestión de persoal ante o Mº de Facenda." 

Desde CCOO tamén solicitamos que se proceda a redactar o acordo do incremento salarial do 1,5% correspondente ao 2018 e a abonar na nómina de xullo o 0,25% condicionado ao PIB, no momento que haxa Acordo do Consello de Ministros que aprobe a súa aplicación, tal e como se establece no punto 2 do artigo 18 da LPGE 2018.

Na próxima convocatoria da Representación Sindical Estatal (RSE) do 26 de xullo, na que haberá como sempre un representante de CCOO Galicia, instarase á negociación do incremento do 0,3% adicional e ao plan de estabilidade de emprego 2018-2020.

2.- Axudas para aluguer de vivenda, a familias con fillas e fillos nados en 2018 e para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3. 

A continuación podedes consultar as ordes que regulan: as axudas para o aluguer de vivendas para 2018, a tarxeta benvida (axuda) para as familias con fillas e fillos nados en 2018 e as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia. 

3.- Comunicado sobre varios asuntos:

Nesta ligazón podedes consultar un comunicado sobre os seguientes asuntos: 
  1. Incidencia sobre asuntos de fichaxe. 
  2. Tarxetas identificativas de persoal de cliente. 
  3. Permisos persoal de Reservas Marinas. 
  4. Abono de atrasos ao persoal non suxeito ao Convenio de Enxeñerías. 
  5. Comisión de reclasificación. 
  6. Incidencia en saída hora comida en xornada de inverno.

martes, 3 de julio de 2018

A Lei establece unha xornada laboral en Tragsatec de 37,5 horas fronte ás 40 horas actuais

Tal e como informamos, nos vindeiros días será publicada no BOE a "Ley de Presupuestos Generales del Estado" (LPGE) 2018 aprobada o pasado 28 de xuño e que suporá a posta en marcha do acordo que asinou CCOO, como sindicato maioritario, co anterior Goberno e que o mesmo tería consecuencias directas sobre o persoal de Tragsatec. Nesta ligazón tedes unha presentación que resume os aspectos pricipais da LPGE 2018 que afectan ao persoal de Tragsatec e que fundamentalmente son:

1.- Incremento salarial para os próximos tres anos, que oscilará entre o 6,12% e o 8,79%.

  • Para o 2018 un 1,5% fixo sobre todos os conceptos, que se aplicará tras a firma dun acordo entre a dirección da empresa e a representación sindical e tras as autorizacións pertinentes das diferentes comisións interministeriais. 
  • 0,25% variable suxeito ao incremento do Produto Interior Bruto ao alcanzar o 3,1%, con aplicación directa o 1 de xullo de 2018. 
  • 0,3% de fondos adicionais que deberán ser acordados a través da negociación colectiva

Polo que no 2018 aplicarase un 1,75% de incremento sobre todos os conceptos retributivos e a todos os colectivos e un 0,3% adicional condicionado á negociación colectiva.


2.- Ofertas de emprego público e procesos de estabilización, que permitirán reducir a taxa de temporalidade na empresa. A 31/12/2017, hai en Tragsatec 850 postos de traballo temporais susceptibles de converterse en fixos por aplicación deste acordo.

3.- Durante a negociación do citado acordo, CCOO esixiu que a xornada laboral fose a mesma en todo o Sector Público e finalmente a nosa reivindicación vese satisfeita. A LPGE 2018 impón que a xornada laboral en todo o Sector Público, incluida Tragsatec, sexa de 37,5 horas semanais de promedio fronte ás 40 horas semanais que temos actualmente.

Desde CCOO xa solicitamos á dirección de RRHH e ás xerencias de RRHH das 5 unidades territoriais que convoquen urxentemente a toda a representación sindical, co fin de recalcular os calendarios laborais de 2018 para que reflictan esta redución na nosa xornada laboral semanal. Podedes consultar o escrito enviado aquí.

Confiamos en que a dirección da empresa acate o acordo que asinamos co Goberno e que agora se ve reflectido na LPGE; para que así o persoal de Tragsatec vexa incrementado o seu salario cunha redución da súa xornada laboral e gozar de máis estabilidade no emprego.