Hoxe publicouse no BOE o
XVIII Convenio colectivo do sector de empresas de enxeñaría e oficinas de
estudos técnicos, cunha vixencia desde o 1 de xaneiro do 2014 ao 31 de decembro
de 2017 e que axuntamos.
Como xa vos comunicamos no seu día, neste convenio unicamente realizouse a
actualización normativa necesaria para estar acorde á lexislación vixente, sen
incluír ningunha mellora pero mantendo a antigüidade tal e como se recollía
en convenios anteriores, o cal parecía imposible vista a actitude mostrada
pola patronal Tecniberia durante toda a negociación e o seu gran interese en
reducir ou suprimir os trienios.
Finalmente, asinando o convenio conséguese ter un marco regulador para todo o
sector, eliminando a dobre escala existente ata agora para aqueles
traballadores contratados a partir do 1 de xaneiro de 2015, en cuxos
contratos non se facía referencia ao convenio sectorial. Se algún ou algunha
atopádesvos nesta situación, confirmarvos que aínda que no voso contrato de
traballo non apareza a referencia ao Convenio de Enxañerías, évos de
aplicación. De todos os xeitos, xa solicitamos á Dirección que emita algún tipo
de notificación na que se aclare esta circunstancia.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.