Comunicados CCOO ERE Convenio Comité de Empresa Negociacións Dirección de Empresa Conflicto Colectivo Publicacións Demandas Tragsatec Mobilizacións Despedimentos Denuncias Formación FAS Acordos Axudas Sentenzas Eleccións Notas de prensa #StopEreTragsa Sección Sindical Folga Tragsa A Coruña Información Inspección de traballo Permisos #Eleccións2016 Reclasificación #9X Concentración Convocatorias Lexislación RSE #555Readmisión Comisión Reclasificación FAV Grupo Tragsa SIMA Tecniberia Igualdade Actas PAF Propostas Reunións Xornada laboral 8 de marzo Comisión Formación Comisión de Igualdade Contratacións Dirección Empresa Incremento salarial Informes Patronal Plan Viabilidade 2015 dia da muller Comisión Interministerial Datos económicos Dereitos laborais Generalitat Valenciana LGPE Medios Comunicación Mobilización Nomeamentos PIF Prestacións Reuniones SEPI Seguridade e Saúde Vídeo Xustiza #25N Antigüidade Asamblea Atrasos BOE Campañas Carteles Comisión FAV Comité Intercentros Concilación Contra a violencia de Xénero DPO Dietas Elvira Rodríguez Escritos Igualdade salarial Ministerio Organigrama Paga Extra Petición información Queixas Regulamentos Reservas Mariñas Resolucións Sabías que...? Seguridad y Salud Seguridade Social Sollicitudes Tasa de Reposición UGT Vacantes 1 de maio Andalucía Art. 41 Art. 64 Banco Alimentos Banco Bebes. Calendario Laboral Comfia Comité Coruña Cuestionarios Despidos Dimisións Documentos Día de Emprego público Encomendas de Xestión Enlaces Excedencia Fichaxe Gaceta Sindical Gardacostas Grupos Parlamentarios Guías Horas Extra LPXE Manifesto Normativas Notificacións Oficinas Partes Actividade Plenario RLT RR.HH. Redución xornada Representación Sindical Estatal. Representates dos traballadores Riscos Sicosioais Salas de Lactación Solidaria Subcontratacións TSX TX Europeo Tarifas Teletraballo Transformación de contratos Valencia Verán. Xubilacións Xunta de Galicia Xuntanzas Ébola Órgano Representación Estatal

viernes, 8 de junio de 2018

A Audiencia Nacional dá a razón a CCOO no conflito colectivo sobre a reclasificación profesional do persoal de Tragsatec

Como vos informamos o 23 de marzo de 2018CCOO interpuxo Demanda de Conflito Colectivo ante a Audiencia Nacional en materia de Reclasificación, celebrándose o xuízo o pasado 30 de maio. 

A sentenza de data 4 de xuño de 2018, é estimatoria en parte para CCOO en dúas das súas tres pretensións:
  • Recoñécese o dereito da parte social na Comisión de Reclasificación de analizar e debater sobre cada unha das solicitudes de reclasificación presentadas. Iso con independencia de que o informe da empresa sexa favorable ou desfavorable, é dicir, ainda que o responsable directo da persoa solicitante emita un informe en que negue a reclasificación, a Comisión ten a obriga de analizar a solicitude, así como a documentación aportada; co fin de determinar se se realizan traballos de categoría superior. 
  • Recoñécese o dereito das persoas afectadas polo conflito a que a empresa solicite ao Ministerio de Facenda o informe descrito na Lei 3/2017, do 27 de xuño de Orzamentos Xerais do Estado, a ampliación da masa salarial no momento que se determine a reclasificación dunha persoa a unha categoría superior, así como que se lle recoñeza a nova categoría a nivel económico e administrativo se o informe é favorable e en consecuencia condena á empresa a pagar ao persoal afectado as cantidades pendentes de abono
  • Estímase en parte a pretensión da Avogacía do Estado en canto a que a reclamación de atrasos se produza unicamente desde un ano antes da data de presentación da solicitude de mediación (6 de febreiro de 2018), en contra da petición de CCOO que se recoñecese desde un ano antes da data de solicitude de reclasificación da persoa interesada, sen prexuízo do que se estableza en calquera outro conflito noutra instancia, vía demanda colectiva ou individual. 
O persoal afectado por este conflito é: 

  • O que foi reclasificado pola Comisión desde o 1 de xaneiro de 2012. 
  • O que presentou a súa solicitude á Comisión e está pendente de Reclasificación ou estudo desde o 1 de xaneiro de 2012. 
  • O que puidese presentar a súa solicitude ou ser reclasificado nun futuro. 


Aínda que estamos moi satisfeitos co fallo da Audiencia Nacional, tras anos de loita ante a actitude mostrada pola Dirección, o seu nulo interese en tratar con seriedade as reclamacións do persoal e sobre todo polo prexuízo causado ao persoal que realiza tarefas de categoría superior; temos que indicarvos que esta sentenza non é firme e a empresa poderá presentar recurso de Casación ante o Tribunal Supremo, no prazo de CINCO DÍAS hábiles desde a notificación da mesma. Nuns días coñeceremos se decide presentar recurso ou asume a sentenza. En base a iso estudaremos as diferentes vías de actuación para que o persoal afectado teña o recoñecemento económico e administrativo que merece,

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.