Como todos os anos, sendo esta a súa quinta edición, o Grupo Tragsa efectúa a campaña de recollida solidaria, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos. Desde CCOO quérese sumar ao chamamento da campaña solicitando a vosa colaboración.
A campaña serán os días 14, 15 e 16 de novembro, podedes preguntar nos vosos centros de traballo ou aos vosos/as responsables sobre o punto de recollida. Este ano pídese especial recollida para o banco do BEBÉ, polo que inclúe na túa cesta solidaria cueiros, leite enteiro ou infantil, potitos ou produtos de hixiene para os máis pequenos. Tamén podes traer: leite, arroz, lentellas, garavanzos, fabas, azucre, aceite, fariña, pasta e conservas (vidro non).
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.