Comunicados CCOO ERE Convenio Comité de Empresa Negociacións Dirección de Empresa Conflicto Colectivo Publicacións Demandas Tragsatec Mobilizacións Despedimentos Denuncias Formación FAS Acordos Axudas Sentenzas Eleccións Notas de prensa #StopEreTragsa Sección Sindical Folga Tragsa A Coruña Información Inspección de traballo Permisos #Eleccións2016 Reclasificación #9X Concentración Convocatorias Lexislación RSE #555Readmisión Comisión Reclasificación FAV Grupo Tragsa SIMA Tecniberia Igualdade Actas PAF Propostas Reunións Xornada laboral 8 de marzo Comisión Formación Comisión de Igualdade Contratacións Dirección Empresa Incremento salarial Informes Patronal Plan Viabilidade 2015 dia da muller Comisión Interministerial Datos económicos Dereitos laborais Generalitat Valenciana LGPE Medios Comunicación Mobilización Nomeamentos PIF Prestacións Reuniones SEPI Seguridade e Saúde Vídeo Xustiza #25N Antigüidade Asamblea Atrasos BOE Campañas Carteles Comisión FAV Comité Intercentros Concilación Contra a violencia de Xénero DPO Dietas Elvira Rodríguez Escritos Igualdade salarial Ministerio Organigrama Paga Extra Petición información Queixas Regulamentos Reservas Mariñas Resolucións Sabías que...? Seguridad y Salud Seguridade Social Sollicitudes Tasa de Reposición UGT Vacantes 1 de maio Andalucía Art. 41 Art. 64 Banco Alimentos Banco Bebes. Calendario Laboral Comfia Comité Coruña Cuestionarios Despidos Dimisións Documentos Día de Emprego público Encomendas de Xestión Enlaces Excedencia Fichaxe Gaceta Sindical Gardacostas Grupos Parlamentarios Guías Horas Extra LPXE Manifesto Normativas Notificacións Oficinas Partes Actividade Plenario RLT RR.HH. Redución xornada Representación Sindical Estatal. Representates dos traballadores Riscos Sicosioais Salas de Lactación Solidaria Subcontratacións TSX TX Europeo Tarifas Teletraballo Transformación de contratos Valencia Verán. Xubilacións Xunta de Galicia Xuntanzas Ébola Órgano Representación Estatal

lunes, 31 de julio de 2017

Reunión RSE 26 de xullo de 2017



Enviamos un novo comunicado no que informamos dos seguintes asuntos tratados na reunión coa empresa en Madrid o pasado 26 de xullo a proposta de CCOO:
  • Incremento salarial 2017
  • Transformación de contratos eventuais a fixos e contratación temporal
  • Permiso por enfermidade sen baixa
  • Reclasificación profesional
  • Sentenza de aplicación de antigüidade
  • Recoñecemento indefinido non fixo
  • Tasa reposición 2016
  • Modificación reglamento FAV
  • Permiso por asistencia a médico mutua
  • Varios
    • Tempo desprazamento a consulta médica
    • Certificado de empresa que acredite o traballo realizado na mesma
    • Criterio común de devengo de dietas
    • Equiparación do tempo de descanso ao establecido en Tragsa
Ao final do comunicado podedes ver as conclusións que sacamos desta reunión e queremos resaltar. Estas son:

Conclusións

Como podemos comprobar e a pesar dos bos datos económicos deste exercicio e, previsiblemente, do seguinte, a vontade de diálogo da empresa segue sendo nula e reduce a intervención inicial da Presidenta do Grupo, Elvira Rodríguez, nunha simple declaración de intencións. 

Séguense amparando unha e outra vez á nula posibilidade de negociación por impedimentos da LPGE como vén sendo a constante nestes últimos anos, polo que só senta a negociar coa parte traballadora cando a Lei esíxello (incremento salarial do 1% ou a aplicación da taxa de reposición).

Desde CCOO podemos entender que a Lei sexa bastante restritiva en canto á negociación colectiva, xa que entre autorizacións das distintas comisións, os informes previos e favorables que se necesitan para chegar a acordos (que se non se obteñen, todo acordo considérase nulo) e as responsabilidades nas que pode incorrer a empresa se non se cumpren todos estes requisitos, a negociación colectiva faise sumamente difícil e complicada, pero non se aprecia unha vontade clara, nin de diálogo nin de tentar atopar solucións acordadas coa representación legal para poder mitigar os prexuízos que todas estas limitacións están a producir no persoal, non podendo aceptar esta Sección Sindical que sexan os Tribunais de Xustiza os que establezan os dereitos individuais e colectivos do  persoal por norma, hábito ou costume.

Ademais, para CCOO é inasumible que para todos os demais asuntos a dirección néguese a dialogar en base a estas restricións, utilizadas moitas veces como escusa ou levadas ao límite,  anunciando inclusive o incumprimento de xurisprudencia xa consolidada e pacíficamente aplicada en Tragsatec (plus de antigüidade ou recoñecemento de indefinidos non fixos) ou se neguen a aplicar novas sentenzas executivas que recoñecen os dereitos xa pactados entre a anterior dirección e a parte traballadora (permiso por enfermidade sen baixa).

Tal e como xa manifestamos no noso anterior comunicado, aínda que quedou demostrado que estas reunións non serven como medio de diálogo e é unha proba do fracaso da Dirección de RRHH no que a política de Relacións Laborais se refire, CCOO seguirá asistindo ás mesmas como acto previo a acudir a vías xudiciais como solución aos problemas laborais de Tragsatec.


Ler comunicado

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.