Informamos dos seguintes asuntos tratados coa dirección da empresa o pasado 4 de abril:
1.- Tarifas Tragsa e encomendas de xestión. A pesar de que todos os informes afirman que cumprimos todos os requisitos para ser medio propio das AAPP, desde CCOO Tragsatec seguimos preocupados polas decisións dalgúns dos nosos clientes de licitar traballos que históricamente eran encomendados a Tragsatec. Seguiremos mantendo reunións cos distintos grupos parlamentarios para tratar de dar solución a este problema.

3.- Estudo de incapacidade temporal por continxencias comúns. A empresa presentou un informe sobre baixas laborais centrado nos gastos que xeneran o dereito de mellora ata o 100% do salario nos casos de incapacidade temporal, xusto nun momento en que está a centrar esforzos para reducir o que ata hai pouco chamaban absentismo e cando desde CCOO Tragsatec xudicializamos a supresión do permiso por enfermidade sen baixa. Estaremos atentos e mostraremos oposición perante calquera intento de supresión do dereito da mellora antes mencionada.
4.- Próxima reunión coa Dirección o 9 de maio. Na que trataremos importantes asuntos a petición de CCOO Tragsatec: proposta de negociación de convenio propio para o persoal de Tragsatec, aplicación da taxa de reposición, interpretacións erróneas dos permisos do acordo de homologación, abono da antigüidade e plus convenio, compensacións de horas extras, dietas para desprazamentos, un sistema eficaz de reclasificación e as condicións laborais do persoal das reservas mariñas, entre outros.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.