Como vén sendo habitual desde o ano 2011, o día 22 de febreiro celébrase en España o Día da Igualdade Salarial entre mulleres e homes, que toma como referencia unha Resolución do Parlamento Europeo (INI/2008/2012) e o Acordo do Consello de Ministros do 26 de febreiro de 2010.
Con esta editorial, realizada pola compañeira Berta Fernandez, quérese destacar e sensibilizar á afiliación sobre o feito de que mulleres e homes non gañan o mesmo pola realización do mesmo traballo ou de traballos de igual valor, ou dito doutra forma, que as mulleres teñen que traballar máis tempo para gañar o mesmo que os homes, a pesar do desenvolvemento normativo e os avances logrados na igualdade de trato e oportunidades nos últimos anos.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.