Informámosvos que o 24 de agosto, CCOO Tragsatec interpuxo papeleta de conciliación no Servizo Interconfederal de Mediacióne Arbitraxe (SIMA), previa a demanda de Conflito Colectivo contra Tragsatec por non entregar ao persoal con contratos de obra e servizo asinados con posterioridade ao 18 de xuño de 2010 con máis de 4 anos de antigüidade e por unha posiblediscriminacion cara a este colectivo ao non permitir a súa participación dos Fondos de Asistencia Social (FAS) e de Axuda á Vivenda (FAV). O acto de conciliación será o mércores 2 de setembro ás 11:30 no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA).
Como xa sabedes, Inspección de Traballo decidiu abrir acta de infracción contra Tragsatec por vulneración de Dereitos Laborables tras a denuncia formulada por CCOO Tragsatec por este asunto.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.