Estimad@s Compañeir@s
Como sabedes, o pasado sábado coñecíamos, a través dos medios de comunicación, que o doblemente imputado exalcalde de Santiago, Ángel Currás, sería proposto como Delegado do Grupo Tragsa en Galicia.
Inmediatamnete, as Seccións Sindicais de CC.OO. de Tragsa e Tragsatec reaccionamos e emitimos o mesmo sábado un comunicado de prensa, distribuido entre a plantilla o pasado luns e do que se facía eco na prensa de maior tirada nacional, no que manifestabamos a nosa indignación e esixíamos o non nomeamento do señor Currás .
O pasado martes 28 de outubro, concedemos unha entrevista a V Televisión facendo as mesmas esixencias e onte coñecíamos, unha vez máis a través dos medios, que o Presidente da Xunta xa poñía en dúbidas a súa contratación.
Se finalmente se confirma que o señor Currás non será Delegado de Tragsa Galicia, será unha vitoria para as traballadoras e traballadores do Grupo Tragsa e para a cidadanía en xeral. Vitoria que non se podería acadar sen a mobilización e a forte presión social.
Seguiremos informando
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.