O 8 de maio, celebrouse unha reunión coa Dirección da empresa para tratar varios temas, entre eles a constitución dun novo órgano de representación a nivel estatal que substituíse á antiga Mesa de Seguimento da Fusión de Tragsatec.
Na orde do día estaban incluídas dúas propostas, unha de flexibilidade horaria para o persoal con redución de xornada por coidado de menor e familiares dependentes, e outra de modificación do regulamento do Fondo de Asistencia Social, na que a maior novidade era a inclusión dos compañeiros e compañeiras con contrato temporal.
O mércores reunímonos as distintas Seccións Sindicais Estatais ata as 9 da noite e estivemos a traballar nunha proposta conxunta usando como base a que xa estaba presentada por esta Sección Sindical.
Onte na reunión, a pesar de rematar ás 8 da tarde, só tratamos os datos económicos a marzo de 2014, a non aplicación da sentenza do ERE de Tragsa aos traballadores e traballadoras de Tragsatec e da constitución do novo órgano de representación estatal, así que será na próxima reunión, primeira desta nova mesa estatal, na que se traten estes temas e outros que tampouco deu tempo a comentar na parte de rogos e preguntas.
Achegámosvos o comunicado elaborado dende a Sección Sindical Estatal de Comfia-CCOO en Tragsatec co resumo da reunión de onte.
Seguiremos informando
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.