Convócase a todo o persoal de Tragsatec da provincia de A Coruña a unha asemblea para o próximo mércores 20 de febreiro en horario de 10:00 a 12:00 no taller de Tragsa (Polígono do Tambre - Santiago de Compostela).
Esta convocatoria é para debatir sobre asuntos de interese xeral da empresa (Reestruturación do Grupo, Convenio Colectivo, paga extra, FAS...), polo que é importante a vosa asistencia.
O tempo de asemblea (2 horas para persoal de oficina e 4 horas para o persoal de campo) computa como tempo efectivo de traballo, polo que os que acudades non deberedes recuperar o tempo. O persoal de campo pode usar os vehículos de empresa para poder acudir.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.