Comunicados CCOO ERE Convenio Comité de Empresa Negociacións Dirección de Empresa Conflicto Colectivo Publicacións Demandas Tragsatec Mobilizacións Despedimentos Denuncias Formación FAS Acordos Axudas Sentenzas Eleccións Notas de prensa #StopEreTragsa Sección Sindical Folga Tragsa A Coruña Información Inspección de traballo Permisos #Eleccións2016 Reclasificación #9X Concentración Convocatorias Lexislación RSE #555Readmisión Comisión Reclasificación FAV Grupo Tragsa SIMA Tecniberia Igualdade Actas PAF Propostas Reunións Xornada laboral 8 de marzo Comisión Formación Comisión de Igualdade Contratacións Dirección Empresa Incremento salarial Informes Patronal Plan Viabilidade 2015 dia da muller Comisión Interministerial Datos económicos Dereitos laborais Generalitat Valenciana LGPE Medios Comunicación Mobilización Nomeamentos PIF Prestacións Reuniones SEPI Seguridade e Saúde Vídeo Xustiza #25N Antigüidade Asamblea Atrasos BOE Campañas Carteles Comisión FAV Comité Intercentros Concilación Contra a violencia de Xénero DPO Dietas Elvira Rodríguez Escritos Igualdade salarial Ministerio Organigrama Paga Extra Petición información Queixas Regulamentos Reservas Mariñas Resolucións Sabías que...? Seguridad y Salud Seguridade Social Sollicitudes Tasa de Reposición UGT Vacantes 1 de maio Andalucía Art. 41 Art. 64 Banco Alimentos Banco Bebes. Calendario Laboral Comfia Comité Coruña Cuestionarios Despidos Dimisións Documentos Día de Emprego público Encomendas de Xestión Enlaces Excedencia Fichaxe Gaceta Sindical Gardacostas Grupos Parlamentarios Guías Horas Extra LPXE Manifesto Normativas Notificacións Oficinas Partes Actividade Plenario RLT RR.HH. Redución xornada Representación Sindical Estatal. Representates dos traballadores Riscos Sicosioais Salas de Lactación Solidaria Subcontratacións TSX TX Europeo Tarifas Teletraballo Transformación de contratos Valencia Verán. Xubilacións Xunta de Galicia Xuntanzas Ébola Órgano Representación Estatal

viernes, 9 de noviembre de 2012

PROTESTAS NA DELEGACIÓN DO GRUPO TRAGSA EN GALICIA

No pasado mes outubro tivemos a última reunión coa dirección da empresa na que tratamos os últimos despidos producidos na nosa delegación.

Puxemos de manifesto que os axustes que se están a facer para compensar a perda de encargos e a baixada de producción, estanse a focalizar exclusivamente nos traballadores de base da empresa, mentres que non se está a plantexar ningunha clase de reestructuración e de aforro no organigrama. Estamos convencidos de que se, a pesar dos menores ingresos, a empresa é capaz de manter postos directivos debe ser capaz de manter, por necesidade, os postos de traballo de todos os traballadores.

Solicitamos tamén que, en base a Ley de Transparencia que se aplica no sector público, se nos facilitara información máis detallada sobre as retribucións dos directivos do Grupo Tragsa na Delegación.

A ambos requerimentos a empresa respondeu negativamente. Reafírmanse na súa política de despidos e de mantemento de organigrama e seguen a manter os salarios dos directivos como información non pública a pesar de son abonados con capital público.

Estamos convencidos de que a aplicación en exclusiva de medidas de recortes non é solución a esta situación. É necesario que se recuperen antigos clientes e que se busquen novas liñas de negocio. É necesaria a elaboración participativa entre traballadores e dirección dun Plan Comercial.

Pensamos que temos motivos máis que suficientes para iniciar unha acción sindical máis combativa. É por iso que o próximo martes 13 de novembro os Representantes Sindicais de Galicia protagonizaremos unha protesta na Delegación do Grupo Tragsa en Santiago en horario de 10:00 a 13:00. Aplicaremos esta mesma medida en outros centros de traballo do Grupo Tragsa en Galicia durante as vindeiras semanas.

Convidamos e animamos a que os que queirades participar activamente, dediquedes os vosos 20 minutos de café do martes 13 de novembro a acompañarnos.

XUNTOS TEMOS MÁIS FORZA.

POLA DEFENSA DOS NOSOS SALARIOS E DEREITOS
POLA DEFENSA DUN TRABALLO DIGNO E DE CALIDADE
POLA DEFENSA DAS EMPRESAS PÚBLICAS

No hay comentarios :

Publicar un comentario

Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.