Recibimos do Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) citación para o acto de conciliación previo á demanda de conflito colectivo por flexibilidade horaria para as traballadoras e traballadores con redución de xornada por garda legal e asuntos familiares para o próximo 11 de maio de 2015 ás 10:00.
Esta citación é froito da papeleta interposta pola Sección Sindical Estatal CCOO Tragsatec o pasado 24 de abril de 2015.
E o pasado mércores 29 de abril acudimos a unha citación coa Inspección de Traballo de
Madrid pola denuncia interposta pola Sección Sindical estatal de CCOO Tragsatec contra a Dirección de empresa pola actitude negativa que ten a mesma a estudar e atender máis de 60 solicitudes de Reclasificación presentadas polos traballadores e traballadoras, algunhas delas dende antes do ano 2012, que realizan tarefas de categoría superior á recoñecida e remunerada.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Faite participe e escribe o teu comentario.
A publicación dos comentarios están suxetos a moderación.